Obradoiro infantil de percusión «Moraima» con Percubebé. Vigo
«Moraima» chega á Sede Afundación de Vigo coa compañía Percubebé. O sábado 14 de decembro as e os máis peques da casa, de 0 a 6 anos, poderán gozar do son da música con este divertido obradoiro.
Entrada libre ata encher a capacidade.
Esta actividade encádrase dentro do proxecto cultural Sonoro empeño.
OBRADOIRO
O espectáculo musical Moraima, para primeira infancia de 0 a 6 anos, tráenos a historia de Moraima, unha nena que vive nun bosque, rodeada dun mundo máxico que nos levará a unha viaxe polos nosos soutos. Coa música e os xogos faranos desfrutar, cantar e tocar no seu marabilloso universo. Percubebés presenta nesta montaxe un obradoiro musical.
Deberá asistir unha persoa adulta por bebé ou nena/o.
Límite de prazas, máximo 30 familias.
Duración 60 min
SONORO EMPEÑO
Arte e música danse a man na capital galega, e transforman o Centro Obra Social ABANCA de Santiago de Compostela nun potente, dinámico e sonoro altofalante.
O proxecto cultural SONORO EMPEÑO ofrece un compendio de actividades anovadoras e orixinais, con eixe na mostra homónima que conta con algunhas das obras máis destacadas da Colección de Arte Afundación e ABANCA. Un universo de experiencias orientado a diferentes públicos e deseñado para gozar coa música en moitas das súas variantes, e do diálogo desta con outros conceptos coma a pintura, poesía, escultura, cinema, tecnoloxía, cociña ou ciencia. En conxunto, unha oferta encamiñada a xerar unha experiencia musical, sinestésica e inesquecible. A partir do 25 de marzo.
Coñece aquí toda a programación!