• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

MODO RETRATO. Unha exposición SIMULTÁNEA, na Coruña

Cultura Exposicións Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
MODO RETRATO. Unha exposición SIMULTÁNEA, na Coruña
  • 09-10-2024 25-01-2025 MODO RETRATO. Unha exposición SIMULTÁNEA, na Coruña Celebramos o noso décimo aniversario cunha festa creativa en todas as nosas sedes, SIMULTÁNEA! Sete exposicións nas sete principais cidades galegas en torno á Colección de Arte Afundación. Entra e infórmate das exposicións e toda a programación Sede Afundación A Coruña Cantón Grande, 8. A Coruña (A Coruña) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. A Coruña (A Coruña)

  • Datas:

    9 OUT a 25 XAN 2025

  • Horario:

    LUNS a VENRES | 17.00 a 21.00 h

    SÁBADOS e FESTIVOS | 12.00 a 14.00 e 17.00 a 21.00 h

    DOMINGOS | 11.00 a 14.00 h (incluído domingo, 8 DEC)

    24, 25, 31 DEC, 1 e 6 XAN | pechado

  • Entrada:

    Gratuíta

Visita virtual

Co gallo do 10º aniversario de Afundación, Obra Social ABANCA, convidámoste a unha festa creativa que celebra por toda Galicia a arte e a cultura a través do macroproxecto SIMULTÁNEA: con sete exposicións, en sete cidades. A Colección de Arte Afundación é o eixe deste traballo minucioso que se expón a un tempo nos nosos espazos culturais. A Sede Afundación da Coruña acolle unha destas múltiples mostras, MODO RETRATO, un periplo expositivo multidisciplinar para coñecer a riqueza creativa da historia da arte de Galicia desde o século XIX ao XXI, afondando no xénero do retrato desde diferentes ópticas, estilos e linguaxes. Do 9 de outubro ao 25 de xaneiro de 2025, no noso espazo do Cantón Grande herculino.

 

Coñece todo sobre o noso macroproxecto expositivo SIMULTÁNEA AQUÍ.

 

ILUSTRACIÓNS EN DIRECTO con FLAVITA BANANA

A catalá Flavita Banana, chega á Sede Afundación A Coruña para realizar unha ilustración en directo con motivo da exposición SIMULTÁNEA na cidade "Modo retrato".

9 XAN | 18.30 h

Entrada libre.

 

Flavita Banana (Flavia Álvarez-Pedrosa Pruvost) naceu en Oviedo en 1987. Asturiana por accidente e barcelonesa por convición, estudou Artes e Diseño e o ciclo de Ilustración, ambos na Escola Massana de Barcelona, facendo malabarismos con todos os traballos imaxinables. Aos 26 anos e tras renderse con calquera outro estilo, comezou a debuxar viñetas de humor, cunha liña sinxela e o humor de quen xa non espera nada. Aos 29 puido deixar a vida de oficina grazas a colaboracións en S Moda, Orgullo y Satisfacción, Revista Mongolia e El País.

Desde 2021 publica os días alternos (día si día non) en El País.

Publicou os libros  Las Cosas del Querer (Lumen, 2017), Archivos Estelares (¡Caramba!, 2017), Archivos Cósmicos  (¡Caramba!, 2019), Archivos Espaciales (¡Carambra!, 2020) e Archivos Lunares (¡Caramba!, 2022) como autora.

En 2018 recibe o premio Gat Perich de humor gráfico, en 2021 o premio Gràffica e en 2023 os premios Elgar e Mingote.

O seu traballo foi descrito como humor triste, unha mestura de costumismo e absurdidade.

Podes ver toda a súa obra en Instagram

 

VISITAS GUIADAS

A partir do 17 de outubro, cada xoves, ás 19.00 h

Inscricións AQUÍ

 

PASAPORTE SIMULTÁNEA

Convidámoste a viaxares por Galicia adiante e aproveitares para ir visitando cada unha das nosas exposicións SIMULTÁNEA nas sete principais cidades galegas. Con visitares 3 delas e selares o pasaporte, entras nun sorteo! 

Comeza a desfrutar do periplo, descubrindo a arte e a tradición galega en cada espazo. Ao final do camiño, igual tes premio!

Solicita xa O TEU PASAPORTE AQUÍ. 

 

Comisariado | PALOMA VELA

 

CULTURA POR ALIMENTOS, en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos FESBAL, tamén forma parte das sete exposicións de SIMULTÁNEA. Colabora cos bancos de alimentos locais, accedendo á mostra e ás súas actividades paralelas cunha doazón de alimentos non perecedoiros. Grazas!

A ilusión compartida que nos move. Infórmate aquí

 

MODO RETRATO

Considérase retrato a imaxe dunha persoa reproducida en pintura, escultura, debuxo ou fotografía, que describe a aparencia e o carácter do individuo representado. Ao longo da historia da arte, o retrato foi un dos xéneros de maior prestixio; sobre todo, en determinadas épocas como o Renacemento e o século XIX. O interese deste xénero radica en que non só se trata dunha representación do individuo, senón que tamén nos fala das diferentes épocas históricas, os seus códigos e os seus sinais de identidade. Asemade, o feito de abordar estes retratos en materiais resistentes ao paso do tempo, permite legar a imaxe á posteridade na ancestral aspiración de vencer a morte.

Coa chegada do século XX e a entrada das vangardas históricas, o xénero do retrato parecía extinguirse a mans de novas concepcións que non defendían a figuración tradicional. Porén, este interesou desde o principio aos artistas mozos, para quen a figura humana era complexa e ambigua, capaz de representar valores novos moi distintos aos antigos de dignidade, poder ou beleza. Desde entón, o retrato foi vehículo para afondar en temas de identidade, vulnerabilidade ou para abordar a complexidade da alma humana, sendo, ademais, un fantástico campo de experimentación para as diferentes linguaxes que caracterizan a arte contemporánea. 

Esta exposición permítenos participar das preocupacións, temas e características sociais desde o século XIX, mergullarnos en territorios privados e afondar na dimensión psicolóxica, simbólica e emocional do retrato. Esta riqueza de enfoques conta tamén co seu paralelismo formal, con obras que van desde o clasicismo romántico ou o realismo ata o expresionismo ou a arte conceptual, conformando un grande exemplo da creación contemporánea galega.

Adobían a mostra setenta e nove obras de cincuenta e nove artistas tales coma Colmeiro, Laxeiro, Antón Lamazares, Xaime Quessada, ou os coruñeses José María Labra, Román Navarro, Antón García Patiño, Victoria Diehl e María Corredoira, entre outras creadoras.

 

APARTADOS

O RETRATO INTIMISTA

Un dos grandes retos do retrato reside en reflectir as emocións do retratado, a súa verdade máis honesta. Trátase de retratos que se caracterizan pola naturalidade, a intimidade co retratado e as emocións verdadeiras que emanan das obras: melancolía, preocupación, inquietude ou introspección son algunhas das liñas polas que transita o retrato intimista. Composicións coidadas e equilibradas, cuxos trazos revelan a personalidade dos protagonistas, logrando capturar de maneira sorprendente a súa esencia.

 

O RETRATO ESPIDO

A representación do espido na arte foi unha constante desde a Antigüidade, pero ata o século XIX non se fusionou co xénero do retrato, xerando unha gran controversia ao ser considerado obsceno ou inmoral. Actualmente, a representación do corpo espido é unha mostra de vulnerabilidade, de naturalidade e de beleza, capaz de transmitir emocións puras. Ademais, enfróntanos á nosa fraxilidade, á nosa identidade e invítanos a reflexionar sobre a nosa propia existencia. 

 

CRÓNICA SOCIAL

No século XIX, o retrato obtivo un grande impulso, grazas ao auxe da burguesía e o seu interese por se equiparar á aristocracia. Esta puxante clase social sumouse ao xénero cunha clara intencionalidade de promocionar a súa imaxe de poder económico e de dignificar todos os membros da familia, cuxos retratos son abordados cun sentido formal e dentro duns canons definidos: o xesto frío e distante, a riqueza de detalles, unha indumentaria descritiva do seu status social e certa idealización. 

 

O RETRATO FAMILIAR

Coa chegada do século XIX o retrato da familia aristocrática dá paso á representación de familias labregas, burguesas, rurais ou obreiras. Un desexo por representar contextos sociais, problemas familiares ou reflexións sobre o concepto de identidade e familia ábrese paso a partir de entón. A importancia da descendencia implica que nenos e nenas teñan unha gran presenza na historia da arte. Ademais, a infancia é unha etapa de descubrimentos e moitos artistas buscaron capturar ese instante fugaz da vida, plasmando momentos de inocencia, tenrura e naturalidade. 

 

O RETRATO FEMININO

Coa chegada do século XX, comeza a producirse unha evolución no paso da representación das mulleres desde distintos segmentos e roles ―nai, filla ou dama distinguida―, cara a un posicionamento social co que dar testemuño dos novos retos que supoñía a entrada nun tempo distinto e a súa loita por superar o segundo plano ao que estiveran relegadas. Os seus posados no retrato feminino empezan a revelar este cambio transcendental, que tamén se traslada a través da importante presenza das mulleres na autoría destas obras.  

 

RETRATO DOCUMENTAL

En ocasións o retrato ponse ao servizo dunha narrativa, inclínase máis cara á descrición dunha realidade que á representación dun individuo. Son obras fundamentais para contar historias e transmitir mensaxes poderosas sobre a diversidade humana, a cultura e a sociedade. O retrato documental pretende rexistrar a cotidianeidade dos suxeitos, os seus costumes e a súa forma de vida, abordando xeralmente temas de corte social: festas populares, oficios, tradicións e tipos populares son algúns dos exemplos dos protagonistas desta sección documental. Un enorme caleidoscopio dunha cultura que emana de diferentes formas en cada unha das obras seleccionadas. 

 

O RETRATO EMOCIONAL

A énfase na expresión emocional e a representación subxectiva da condición humana permitiron a creación de retratos abstractos e simbólicos, que buscan transmitir unha experiencia alén da aparencia física. Son retratos que mergullan na alma humana, na profundidade sentimental cunha gran carga conceptual. A representación do ser humano pode aparece ou non na obra, pero é, en todos os casos, o protagonista absoluto do tema.

 

CATÁLOGO

O proxecto SIMULTÁNEA, coas súas sete exposicións nas sete urbes galegas, recóllese neste traballo que pretende centrar a ollada nas relacións e diálogos que enriquecen a lectura da Colección de Arte Afundación alén do seu interese cronolóxico. Este catálogo, pois, é un reflexo da diversidade de ópticas con que foi analizada e organizada desta volta a Colección. Foron sete especialistas quen abordaron as introducións de cada un dos sete capítulos:

José Manuel García Iglesias, MODO RETRATO; Asunta Rodríguez, O OBXECTO CONTEMPORÁNEO E DOMÉSTICO; Carlos L. Bernárdez, ESCENAS DE COSTA E MAR ABERTO; Federico L. Silvestre, ESPAZO ABERTO E NATUREZA; Miguel Ángel Cajigal, ABSTRACCIÓNS E MENSAXES CIFRADAS; Mercedes Rozas, ARQUITECTURAS NARRADAS; Pilar Corredoira, VOAR COA IMAXINACIÓN.

 

Coñece todo sobre o noso macroproxecto expositivo SIMULTÁNEA AQUÍ.

Sotomayor 
Modelo en la plaza de María Pita, c. 1938
Óleo y lienzo sobre tabla
96 x 65 cm
Sotomayor Modelo en la plaza de María Pita, c. 1938 Óleo y lienzo sobre tabla 96 x 65 cm
Laxeiro
La familia Romea, c. 1971
Óleo sobre lienzo | Óleo sobre lenzo
110 x 80 cm
Laxeiro La familia Romea, c. 1971 Óleo sobre lienzo | Óleo sobre lenzo 110 x 80 cm
Maruja Mallo
Mujer rubia, c. 1951
Óleo sobre tabla | Óleo sobre táboa
49 x 40 cm
Maruja Mallo Mujer rubia, c. 1951 Óleo sobre tabla | Óleo sobre táboa 49 x 40 cm
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078