• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Segundo ciclo "COIDAR O COIDADOR INFORMAL" - Cátedra ABANCA-AFUNDACIÓN / ICADE Lonxevidade, Economía e Sociedade

Maiores Séniors Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Segundo ciclo
  • 02-10-2024 07-05-2025 Segundo ciclo "COIDAR O COIDADOR INFORMAL" - Cátedra ABANCA-AFUNDACIÓN / ICADE Lonxevidade, Economía e Sociedade Charlas dirixidas a coidadores informais e/ou familiares de persoas maiores dependentes. Espazo +60 Betanzos Cantón de San Roque, 3. Betanzos (A Coruña)//Espazo +60 Ferrol Praza da Constitución, s/n. Ferrol (A Coruña)//Espazo +60 Pontedeume Ferreiros, 20. Pontedeume (A Coruña)//Espazo +60 Santiago de Compostela Carreira do Conde, 18 baixo. Santiago de Compostela (A Coruña)//Espazo +60 Lugo Carril do Mercado, 1. Lugo (Lugo)//Espazo +60 Monforte de Lemos Cardeal Rodrigo de Castro, 18. Monforte de Lemos (Lugo)//Espazo +60 Viveiro Av. Mariña, 49. Viveiro (Lugo)//Espazo +60 Ourense Rúa do Paseo, 6. Ourense (Ourense)//Espazo +60 Pontevedra Praza San Xosé, nº 3. Pontevedra (Pontevedra)//Espazo +60 Vigo Policarpo Sanz, 26 - 2ª planta. Vigo (Pontevedra)//Espazo +60 A Coruña Rúa Alta, 7. A Coruña (A Coruña) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Espazo +60 Betanzos

    Cantón de San Roque, 3. Betanzos (A Coruña)


    Espazo +60 Ferrol

    Praza da Constitución, s/n. Ferrol (A Coruña)


    Espazo +60 Pontedeume

    Ferreiros, 20. Pontedeume (A Coruña)


    Espazo +60 Santiago de Compostela

    Carreira do Conde, 18 baixo. Santiago de Compostela (A Coruña)


    Espazo +60 Lugo

    Carril do Mercado, 1. Lugo (Lugo)


    Espazo +60 Monforte de Lemos

    Cardeal Rodrigo de Castro, 18. Monforte de Lemos (Lugo)


    Espazo +60 Viveiro

    Av. Mariña, 49. Viveiro (Lugo)


    Espazo +60 Ourense

    Rúa do Paseo, 6. Ourense (Ourense)


    Espazo +60 Pontevedra

    Praza San Xosé, nº 3. Pontevedra (Pontevedra)


    Espazo +60 Vigo

    Policarpo Sanz, 26 - 2ª planta. Vigo (Pontevedra)


    Espazo +60 A Coruña

    Rúa Alta, 7. A Coruña (A Coruña)

  • Datas:

    Do 2 de outubro de 2024 ao 7 de maio de 2025

  • Horario:

    Dous mércores ao mes, o 1º e o 3º, de 10.00 a 12.30 horas

  • Entrada:

    Gratuíta
Apúntate


A Cátedra "ABANCA-AFUNDACIÓN/ICADE Lonxevidade, Economía e Sociedade" de Afundación Abanca e a Universidad de Comillas organizan o segundo ciclo "Coidar o coidador informal", dirixido a coidadores informais e/ou familiares de persoas maiores dependentes.

Estás coidando do teu pai/nai e non sabes como facelo? Sénteste superado por coidar a túa parella? Estás ante decisións ou situacións e non sabes como actuar nin cal é a mellor forma de proceder? Nestas sesións queremos abordar os diferentes aspectos do coidado dos nosos seres queridos cando sexan maiores e precisen da nosa axuda.

Traballaranse aspectos como cal pode ser a evolución da necesidade de coidados para prepararnos, coidados máis sanitarios (coidados posturais, como mobilizarse, incontinencia, etc.); os posibles sinais de alarma que indican que a situación comeza ou xa nos está superando, estratexias para coidar coidándose (abranguendo tanto aspectos emocionais, como de saúde e espirituais); pautas de como facelo cando os límites da ética e da humanización non están claros; coidados ao final da vida e axudar a atopar un sentido e unha gratificación nos coidados.

Que é?

Encontros entre coidadores informais e/ou familiares nos que un recoñecido relator abordará un tema relacionado co coidado e o autocoidado, abrindo un espazo de debate onde se poidan compartir experiencias co relator e entre os coidadores informais.

A quen vai dirixido?

A coidadores familiares e/ou informais de persoas maiores dependentes.


Onde?

Por videoconferencia

Cando?

Dous mércores ao mes. O 1.º e 3.º mércores de mes

A que hora?

De 10.00 a 12.30 horas.

Inscricións

Formulario online da próxima sesión 

Contido das sesións:

2 de outubro: Que significa ser coidadora ou coidador? A experiencia do coidar

Relatora: Lucía Jiménez, Doutora en Psicoloxía e Profesora na URJC, experta en estrés e benestar. 

Obxectivos da sesión:

  • Definir quen é un coidador informal.
  • Analizar as motivacións e circunstancias que levan a unha persoa a asumir o rol de coidador

Contidos: Nesta sesión responderanse as seguintes preguntas: quen é o coidador? Requírense sempre os mesmos coidados? Que nos levou a coidar?


16 de outubro: Como manexo os coidados e que consecuencias ten sobre min

Relatora: Blanca Almanza. Máster en Psicoloxía e especialista en terapia cognitivo-conductual. 

Obxectivos da sesión:

  • Identificar as posibles consecuencias físicas e emocionais do coidado no coidador.
  • Recoñecer os signos de sobrecarga e a importancia do autocoidado.

Contidos: Aproximación ás posibles consecuencias que a tarefa de coidado pode ter na saúde do coidador, así como nas súas relacións sociais e familiares. Coñecer os sinais de alerta de sobrecarga e a necesidade de autocoidado.

6 de novembro: Coidando o mellor posible

Relatores: Dra. Mª Jesús Martínez Beltrán. Doutora en Biomedicina e Ciencias da Saúde e Dr. Daniel Fernández Robles. Profesor na Facultade de Enfermería da UPC e Máster en Coidados Paliativos.

Obxectivos da sesión:

  • Proporcionar coñecementos básicos sobre o aseo e hixiene da persoa dependente.
  • Instruír na adecuada mobilización dos pacientes con mobilidade limitada.
  • Educar sobre a prevención e tratamento das úlceras por presión e incontinencia.
  • Proporcionar ferramentas para a prevención e manexo das caídas.
  • Recomendacións para a saúde do coidador, practicando na aula.


Contidos: Abordaranse aspectos como os coidados posturais do coidador, como mobilizar o paciente con pouca mobilidade, hixiene, prevención e cura de úlceras por presión, incontinencia, saúde do coidador, etc.

20 de novembro: Benestar emocional do coidador. Estratexias para coidarse coidando I. Autocoidado emocional 

Relatora: Dra. Mónica Torres. Doutora en Psicoloxía e profesora da UAM

Obxectivos da sesión:

  • Aplicar estratexias para xestionar o estrés diario.
  • Promover a autoempatía e a xestión emocional.
  • Fomentar a motivación para hábitos saudables e de autocoidado.

Contidos: Traballaranse estratexias para aliviar o estrés no día a día, promovendo a escoita respectuosa de un mesmo, a autoempatía e a xestión emocional para afrontar os retos e tarefas do coidado, activando a motivación para construír hábitos de saúde e autocoidado na persoa coidadora.
 

4 de decembro: Benestar emocional do coidador II. O coidado da mente

Relatora: Dra. Laura Bermejo. Doutora en Psicoloxía e profesora da UPC, experta en psicoloxía do ciclo vital e familia. 

Obxectivos da sesión:

  • Identificar e definir pensamentos disfuncionais.
  • Practicar actividades de autorreflexión para recoñecer pensamentos negativos.
    
    
  • Aprender técnicas de reestruturación cognitiva.

Contidos: Definición e exemplos de pensamentos disfuncionais. Realizaranse actividades de autorreflexión para identificar os pensamentos propios para reestructuración dos pensamentos negativos.


22 de xaneiro de 2025: Benestar emocional do coidador III. Xestión da culpa e o autoperdón

Relatora: Dra. María Prieto. Doutora en Filosofía e profesora da UPC, experta en psicoloxía do perdón, estrés e reconciliación. 

Obxectivos da sesión: 

  • Diferenciar entre culpa construtiva e destrutiva.
  • Identificar fontes de culpa na labor de coidado.
  • Practicar exercicios de autocompaixón e autoperdón.

Contidos: Traballarase a diferenza entre culpa construtiva e destrutiva. Realizaranse actividades de identificación de fontes de culpa, así como exercicios de autocompaixón e perdón persoal.

5 de febreiro de 2025: Benestar emocional do coidador IV. Aumento das actividades pracenteiras e Comunicación asertiva

Relatora: Arantza Yubero. Profesora na facultade de CC. Humanas e Sociais da UPC.

Obxectivos da sesión:

  • Recoñecer a importancia das actividades pracenteiras no benestar do coidador.
  • Explicar o modelo de Situación, Pensamento e Consecuencias (S-P-C).
  • Afirmar os dereitos do coidador e promover a comunicación asertiva.

Contidos: A importancia das actividades agradables. Explicación do modelo Situación, Pensamento e Consecuencias (S-P-C). Explicación dos dereitos do coidador.


19 de febreiro de 2025: Benestar espiritual do coidador

Relator: Dr. Javier de la Torre. Doutor en Dereito e profesor da Facultade de Teoloxía da UPC. 

Obxectivos da sesión:

  • Desenvolver recursos espirituais para afrontar os coidados.
  • Facilitar a toma de decisións complicadas e asumir responsabilidades.
  • Integrar a espiritualidade no coidado do familiar enfermo.


Contidos: Potenciar os recursos espirituais que nos permiten ver a vida doutra maneira, tomar decisións complicadas, asumir responsabilidades ou realizar tarefas que abranguen o coidado do familiar enfermo na súa totalidade.


5 de marzo de 2025: Recursos psicosociais

Relatora: Dna. Marta Cubero García. Profesora da Facultade de Ciencias Huamanas e Sociais da UPC. 

Obxectivos da sesión: 

  • Identificar as necesidades da persoa maior ao longo do tempo.
  • Coñecer os recursos psicosociais dispoñibles para os coidadores.
  • Nova estratexia do sistema de coidados e novo sistema de apoio que se pode vincular coa parte da dependencia. Aprender a utilizar estes recursos nas diferentes etapas do coidado.
Contidos: Coñecer cales poden ser as necesidades que vai ir presentando a persoa maior e cales son os recursos psicosociais que ten á súa diposición para poder utilizalos nos diferentes momentos do coidado.

19 de marzo de 2025: Como coidar de forma ética e humana

Relatora: Dra. Mª Carmen Massé. Doutora en Teoloxía, Máster en Bioética e profesora da UPC. 

Obxectivos da sesión: 

  • Promover a comunicación e a busca do sentido dos coidados.
  • Comprender a dimensión ética dos coidados e as súas consecuencias na persoa atendida e no coidador.
  • Aclarar conceptos e escenarios éticos para a xestión dos procesos de culpa.

Contidos:  Coidar non sempre é doado, pero hai que facelo o mellor posible, e para iso daranse unhas pautas de como facelo cando non estean claros os límites da ética e da humanización: respecto á autonomía das persoas, entendementos das caridades distorsionadas, os conflitos de valores, os difíciles límites da vida, da morte e da dignidade, etc.

2 de abril de 2025: Coidar o fin da vida

Relator: Dr. Antonio Ramos Sánchez. Doutor en Ciencias da Enfermería e Máster en Coidados Paliativos e profesor da UPC.

Obxectivos da sesión: 

  • Comprender o que son os coidados paliativos.
  • Coñecer as necesidades e os medos do coidador.
  • Aprender a proporcionar unha atención adecuada en cada etapa.
  • Apoiar o coidador no proceso de acompañamento dun enfermo ao final da súa vida.

Contidos:  Esta sesión está especialmente dirixida a persoas que acompañan un paciente na última etapa da súa vida, co obxectivo de que coñezan as diferentes etapas psicolóxicas polas que pode atravesar o paciente, saiban actuar en cada unha delas e aprendan a proporcionarlle os coidados máis axeitados.

7 de maio de 2025: Busca de sentido ao coidado, ás experiencias, emocións e vivencias

Relatora: Dra. Macarena Sánchez-Izquierdo. Doutora en Psicoloxía e profesora da UPC. 

Obxectivos da sesión: 

  • Explorar conceptos de crecemento persoal e resiliencia nos coidados.
  • Identificar aspectos positivos e recompensas do coidado.

Contidos: Traballaranse conceptos como o crecemento persoal, a resiliencia, os aspectos positivos dos coidados, o significado, a reconciliación, así como diversas recompensas do coidado na saúde.


					
                    
Programa del ciclo "Cuidar al cuidador"
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078