Saída de Rutas históricas e naturais ao Museo da Construcción Naval de Ferrol
O Espazo +60 de Ferrol organiza o 20 e o 23 de febreiro unha visita guiada ao EXPONAV - Museo da Construción Naval de Ferrol para os participantes do taller de Rutas históricas e naturais por Galicia.
Este ano 2018 o Museo conmemora os primeiros 10 anos da Construción Naval, que se fixo un oco entre os mellores museos de España dedicados ó mar, e o único dedicado á construción naval.
O Museo foi creado co propósito de servir de lugar de encontro entre a sociedade, a industria e a comunidade científica, posibilitando a comprensión desta tecnoloxía e o coñecemento do noso pasado naval para que se comprenda mellor o presente, e por extensión, o futuro.
A exposición acolle unha importante colección de elementos propios desta disciplina desde o século XVIII ata os nosos días e ofrécenos unha visión divulgativa sobre os fitos históricos máis relevantes relacionados con esta actividade en España.