Saída Cultural de Nadal: Belén de Valga e Santiago de Compostela
O Espazo +60 de Betanzos e Pontedeume convídante a participar nesta saída de Nadal a Belén de Valga e Santiago de Compostela o príximo 17 de decembro.
Pola mañá visitaremos o Belén Artesanal en Movemento de Valga, formado por máis de 4.500 figuras talladas de forma artesanal que representan típicas escenas navideñas e acontecementos da actualidade política e social. Está declarado Festa de Interés Turístico Galego pola súa orixinalidade, creatividade e por ser un referente das nosas tradicións dende as súas orixes en 1995.
Pola tarde realizaremos una ruta guiada pensada especialmente para disfrutar das luces navideñas e dos beléns máis emblemáticos de Santiago, mentras coñecemos curiosidades e anécdotas sobre a vida compostelá, as súas personaxes e o seu rico patrimonio cultural.
Horarios:
- Saída de Pontedeume: 9.00 h na parada de bus
- Saída de Betanzos: 9.30 h na parada de bus Cantón de San Roque
Precio:
- 36€ / persoa
Inscripcións no Espazo +60 de Betanzos (981 772 911 ou mais60betanzos@afundacion.org) ou Pontedeume (981 431 304 ou mais60pontedeume@afundacion.org) ata o 12 de decembro.