Rigoletto. Vigo
O 5 de novembro o Teatro Afundación de Vigo acolle a ópera Rigoletto, unha das primeiras obras mestras de Giuseppe Verdi. Este concerto insírese dentro da programación do Outono Lírico que organiza Amigos de la Ópera en Vigo.
Rigoletto é un drama de paixón, engano e amor filial e vinganza que ten como protagonista a Rigoletto, o bufón chepudo da corte do Ducado de Mantua. Rigoletto é un personaxe que se move entre o afecto pola súa filla e o odio polo duque e os cortesáns.
Reparto:
Luis Cansino (Rigoletto)
Olena Sloia (Gilda)
Vicent Romero (Duque de Mantua)
Cristian Díaz (Sparafucile)
Sandra Ferrández (Maddalena)
Manuel Mas (Monterone)
Pedro Martínez Tapia (Marullo)
Marina Penas (Giovanna/Condesa de Ceprano)
Pablo Carballido (Borsa)
Gabriel Alonso (Conde de Ceprano)
Anais Fernández (Paxe)
Coro Rías Baixas (Dir. Bruno Díaz)
OSV 430
Dir. Diego García Rodríguez
Escena: Ignacio García