IMAXINARIA IV Festival Internacional de Animación Afundación, na Coruña
Xa está aquí un ano máis o gran Festival Internacional de Animación Afundación na cidade herculina. IMAXINARIA bota a andar a súa IV edición na Sede Afundación A Coruña (Cantón Grande, s/n) do 11 ao 15 de marzo para amosarnos toda a creatividade e produción que se está a xerar no eido da animación a nivel internacional, e non só. Ven coñecer os proxectos de animación máis alternativos, alén dos circuítos comerciais, nun espazo onde conectamos público e profesionais do sector.
Dirixen Matilde Rodríguez, comisaria da Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea (MiiC), e o realizador Alberto Vázquez, referente na animación actual, e recente gañador dun Premio Goya.
Entra xa en IMAXINARIA e infórmate de todo o programa, artistas convidadas, encontros, proxeccións e moito máis.
Entradas xa á venda en Ataquilla.com
Non perdas nada da nosa programación consultando a axenda. E para máis espectáculos, agardámoste en Ataquilla.com