Representación teatral «La edad del Pavosaurio» en Pontevedra
O grupo de teatro do Centro de Maiores Afundación de Pontevedra, dirixido por Margarita García Pládano, representa o 24 de febreiro ás 19.00 h. a obra La edad del Pavosaurio, de José Cedena, na Sede Afundación de Pontevedra.
A obra pretende facernos reflexionar, desde o humor, sobre a liberdade de cada persoa para intentar buscar a súa propia felicidade independentemente da idade. Lisarda e Tereso son dous anciáns de 84 e 85 anos que conviven co fillo dela e a filla del —un matrimonio, por outro lado, non moi ben avido—. Os dous octoxenarios pasan todo o día rifando entre eles, o que fai que as diferenzas entre o matrimonio dos seus fillos aumenten aínda máis. Estes problemas provocan que ambos anciáns rematen nunha residencia, onde se desenvolve todo o segundo acto. A pena por sentírense abandonados remata por solidarizalos e fai que entre eles xurda algo imprevisible.