Remember Queen World Tour. Vigo
O 30 de setembro o Teatro Afundación de Vigo recibe a Remember Queen, a banda tributo a Queen que arrasou en escenarios de todo o mundo. Todos os éxitos da mítica nun espectáculo de alcance internacional. Valo perder?
Entradas á venda en ataquilla.com
Os artistas de Remember Queen coidan ata o máis mínimo detalle cunha posta en escena similar á que utilizaba a banda na xira do 86, a última con Freddie Mercury sobre o escenario. O obxectivo, crear a sensación de estar vendo a emblemática banda en vivo, con cambios de vestiario e un soporte visual con todos os vídeos orixinais de Queen.
Sobre o escenario, o mellor dobre de Freddie Mercury do mundo, Piero Venery, non só polo seu impresionante parecido físico, senón pola súa impecable caracterización dos xestos, bailes e posta en escena. No papel de Brian May, Vito Damatteis sabe plasmar á perfección o seu papel sendo un excelente guitarrista. Como Roger Taylor Roberto D’Amicis, un excelente baterista que ademais interpreta un dos temas máis aclamados da banda. E por último, Giorgino de Nigris realiza un impecable papel como John Deacon.
Unha homenaxe a Queen, á súa música e á emblemática figura do seu líder que xa viron máis de 500.000 espectadores e que leva colgado o cartel de COMPLETO en practicamente todas as súas actuacións. Un despregue técnico sen precedentes neste tipo de formato musical para un espectáculo que non te deixará indiferente.