Recital de canto +60 - Espazo +60 Vigo
O vindeiro 18 de xuño ás 17:30 horas terá lugar o Recital de Canto no Colexio Hogar de Vigo. Esta actuación supón o peche de curso do alumnado do Obradoiro de Canto do Espazo +60 de Vigo, que interpretará un variado repertorio de música popular.
Durante o recital poderanse escoitar actuacións en solitario, dúos e versións corais, acompañadas ao piano polo profesor do obradoiro. Unha oportunidade para gozar do traballo realizado ao longo do curso e compartir co público a evolución artística e musical do alumnado.
A actividade é gratuíta e non require inscrición previa.
Vas perdelo?