Concerto REAL FILHARMONÍA DE GALICIA, en Pontevedra
O 25 de abril, a Sede Afundación Pontevedra acolle un recital da Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Jessica Cottis, con repertorio de Raquel García-Tomás, Brett Dean e Ludwig van Beethoven.
Colle xa as túas entradas en Ataquilla.com
Colabora co noso proxecto solidario CULTURA POR ALIMENTOS, traendo unha doazón de produtos non perecedoiros para axudar os bancos de alimentos locais. Infórmate!
Directora | Jessica Cottis
RAQUEL GARCÍA-TOMÁS
Blind Contours núm. 2
BRETT DEAN
Testament
LUDWIG VAN BEETHOVEN
Sinfonía núm. 7 en La maior, op. 92
Coa participación do alumnado da EAEM
A artista en residencia Raquel García-Tomás concibe a súa música coma un fluído comunicativo coa videocreación e as artes visuais. En Blind Contours núm. 2 traslada á partitura este concepto da ilustración, que permite debuxar o perfil dun obxecto sen mirar o papel; así, a liberdade dos intérpretes marca o carácter definitivo desta peza. Un certo aroma de despedida teñen as seguintes obras no programa: Testament, do australiano Bret Dean, rende homenaxe a Beethoven cos seus sons iniciais de desesperación nas cordas e con citas do seu primeiro cuarteto. O legado que o músico de Bonn fixo á humanidade inclúe a Sinfonía núm. 7, obra excepcional eclipsada pola Pastoral. Dominada por un ritmo frenético, Schumann viu na Sétima a alegría dun día de voda mentres que o crítico d’Ortigue a recibiu coma unha procesión á ultratumba. Beethoven non dá lugar a medias tintas.
Concerto en colaboración coa Sociedade Filharmónica de Pontevedra
Visita a nosa axenda web e decátate de todas as propostas culturais que che ofrecemos ao longo do mes. Tamén podes entrar en Ataquilla.com e informarte sobre máis actividades escénicas.