Human de Yann Arthus-Bertrand, proxección na Coruña
O 23 de febreiro ás 19.00 h. a Sede Afundación da Coruña acolle, en colaboración coa Alianza Francesa, a proxección da película documental Human do fotógrafo e cineasta Yann Arthus-Bertrand.
Entrada libre ata encher capacidade.
Human está composta por imaxes e testemuños que retratan a humanidade de hoxe en día. Rodada en 60 países durante máis de dous anos, as dúas mil persoas entrevistadas entregan testemuños auténticos e profundos, abarcando temas universais coma a loita contra a pobreza, a guerra, a homofobia, mais tamén o amor, a familia e o futuro do noso planeta.