Programación para ESCOLARES Curso 2022-2023
Presentamos para este curso 2022-2023 todo un catálogo de actividades ao alcance de todas as idades escolares: artes escénicas, educación financeira, fomento da lectura e a creatividade, actividades interxeracionais, tecnoloxía e programación a través da arte e a natureza. Así coma toda unha batería de conferencias e encontros en que se abordarán problemáticas coma as adiccións, a saúde dixital ou a saúde mental. Esta programación ten como único e primordial propósito ser un apoio para familias e comunidade escolar na súa ardua tarefa de educar. Por iso, o 2022-23 aposta polo talento, a formación en valores, a empatía, a igualdade e a sostibilidade, no marco dunhas actividades aliñadas coa innovación educativa.
CONTIDOS
- Artes escénicas
- Artes plásticas e STEAM
- Medio ambiente
- Educación financeira
- Actividades interxeracionais
- Formación para docentes
- Conferencias | Ciclo Educación s. XXI
- AfundaciónTV
- Literatura e contos
- Fotografía
Descarga embaixo o folleto en PDF con toda a información!