• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Programa SAÚDE SOCIAL contra o acoso escolar en AfundaciónTV

Educación Cultura Xornadas e conferencias Xeral
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Programa SAÚDE SOCIAL contra o acoso escolar en AfundaciónTV
  • 01-03-2021 31-03-2021 Programa SAÚDE SOCIAL contra o acoso escolar en AfundaciónTV Actividades no mes de marzo para público xeral e escolares sobre un tema necesario, o acoso escolar. Dentro do noso ciclo Educación s. XXI Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • Datas:

    4, 11 e 18 MAR 2021

    AFUNDACIÓNTV

  • Horario:

    4 MAR | 19.00 h
    11 e 18 MAR  | 11.00 h

Co ciclo Educación s. XXI dedicamos este mes de marzo á Saúde social contra o acoso escolar. Unha conferencia en liña co ex-xogador de baloncesto Iñaki Zubizarreta, presentada pola psicóloga Belén Colomina, e dous encontros tamén online para alumnado co propio Zubizarreta son as actividades programadas coas que dotar de ferramentas familias e docencia sobre como abordar o acoso escolar, ofrecendo dous prismas: o do acosador, a través da terapeuta, e o do acosado.
Non perdas estes encontros tan necesarios en AfundaciónTV.


4 MAR | Conferencia "Historia de vida. Historia de superación" | Iñaki Zubizarreta | 19.00 h | APÚNTATE
11 MAR | Charla para alumnado | 11.00 h
18 MAR | Taller para alumnado | 11.00 h

 

MÁIS INFO e INSCRICIÓNS para centros educativos a través de areaeducativa@afundacion.org ou chamando ao 698 178 239.

Entendemos como saúde social aquela en que un individuo se relaciona de maneira satisfactoria co contexto que o rodea. Pero… que sucede cando as persoas se enfrontan a un contexto hostil? E aínda máis importante, como actuar cando a contorna que rodea esa hostilidade é incapaz de protexernos?


O acoso escolar é unha das secuelas máis tóxicas ás que se enfrontan día a día familias, centros escolares e sociedade en xeral. Froito do acoso, o sufrimento individual e social é demasiado importante como para non realizar unha reflexión común. Poñer medios e remedios ao bullying é tarefa de todas e todos, por iso, no mes de marzo enfrontarémonos á análise deste fenómeno tan doloroso e crecente, da man de Iñaki Zubizarreta e Belén Colomina.

Fronte a fronte, unha vítima do acoso e unha psicóloga especialista en tratar con perfís de acosadores, debullarán como abordar e actuar perante este tipo de situacións.

 

CONFERENCIA "Historia de vida. Historia de superación"

Iñaki Zubizarreta, deportista profesional (ex-xogador da ACB) e campión da Copa do Rei 1998 co Pamesa Valencia, narraranos o que tivo que loitar dentro pero, sobre todo, fóra da cancha. E de como para chegar ata aí, na súa adolescencia, debeu encarar o monstro do Bullying que a punto estivo de arrebatarlle a ilusión, a esperanza e a vida...

Esta é a Historia da súa vida, esta é unha Historia de superación porque, pase o que pase, sempre hai unha saída. SEMPRE.

Presenta Belén Colomina

"Desde hai máis de 15 anos, o meu traballo estivo dedicado á psicoloxía e á psicoterapia individual e grupal. Traballei en proxectos con mozos en risco de exclusión social, con medidas xudiciais, en proxectos de inserción así como na formación para profesionais e familias de adolescentes.

O meu traballo e dedicación á psicoloxía é o mellor aval dos diferentes libros e manuais que escribín.

Non podería resumir o que fago sen concretalo na miña crenza de que un mundo mellor é posible. A miña aposta polos mozos, polo seu san desenvolvemento psicolóxico e polo acompañamento e psicoeducación ás familias, é o eixo central que sustenta a miña paixón pola psicoloxía, pola psicoterapia e por facilitar procesos saudables de crecemento."

 

ENCONTROS ESCOLARES ONLINE "En pé de guerra contra o acoso" con Iñaki Zubizarreta

Afundación TV

De 5º de primaria ata 4º de ESO

DÚAS SESIÓNS:

- 11 MAR | Charla para o alumnado, na que o exbaloncestista profesional contará a súa experiencia co obxectivo de axudar os centros escolares a realizar unha reflexión sobre o acoso escolar. Como despedida, deixará aberta a porta do debate un encontro que se celebrará unha semana despois.

- 18 MAR | Taller activo no que Iñaki responde e escoita. Os centros escolares, en base ao encontro anterior do día 11, expoñerán as súas propostas, dúbidas e preguntas.

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078