Programa O camiño do dó, Espazo +60 Pontevedra

Este programa axudarache a coñecer o proceso do dó, as emocións que nel se producen e xestionar as perdas ao longo da vida. Pretendemos proporcionar un espazo para a reflexión sobre as experiencias individuais e a súa influencia no día a día, así como salientar os aspectos positivos e a aprendizaxe que xurde diante dunha perda.
O programa consta de 4 sesións de 2 horas cada unha.
Actividade gratuíta. Apúntate no Espazo +60!
Imaxe deseñada por Freepik