Programa de historia da arte, Espazo +60 Vigo
O Espazo +60 Afundación de Vigo organiza un curso de historia da arte. Este curso, impartido pola Dra. Marta Riera, abordará, por unha banda, o retrato no Renacemento alemán e no Barroco holandés, e por outra, a arquitectura renacentista en España, Francia e Alemaña, partindo dunha ollada á antigüidade, aos tratados de arte do Quatrocento (Florencia) e Cinquecento (Roma), Bramante e a superación do Clasicismo, o Manierismo, e o gran mestre Miguel Anxo Buonarroti.
Cunha metodoloxía de contextualización de cada momento artístico, conexión con outras disciplinas e épocas.
En sesións semanais apoiadas en material audiovisual, con achegas bibliográficas e documentais, actividades guiadas, visitas culturais, e participación activa.
Prezo: 50€/trimestre - socios Abanca e 60€ /trimestre - socios.
Apúntate no Espazo +60!