Presentación libro "Superheroes, xente admirable e xente común. Pautas para unha vida equilibrada e unha boa saúde mental" Espazo +60 Lugo
O Espazo +60 de Lugo acollerá o vindeiro 22 de abril a presentación do libro "Superheroes, xente admirable e xente común. Pautas para unha vida equilibrada e unha boa saúde mental", de Ramiro J. Álvarez, psicólogo e psicoterapeuta, con trinta anos de experiencia no ámbito clínico e educativo, socio de Espazo+60 de Lugo.
Entrada libre. Capacidade limitada.
Inscricións no Espazo +60 Afundación Lugo (Carril do Mercado, 1), teléfono e whatsapp: 982 241 878 ou correo electrónico: mais60lugo@afundacion.org
Esta acción enmárcase no programa "O valor da experiencia" da área de Envellecemento Activo de Afundación, que ten como obxectivo potenciar o papel activo das persoas maiores na sociedade, favorecer o desenvolvemento de accións interxeracionais e de voluntariado.