Presentación do libro e charla: “Vinte propostas para vivir con sentido”, de Ramiro J. Álvarez - Espazo +60 Lugo
Afundación Obra Social de Abanca organiza a presentación do libro e charla Vinte propostas para vivir con sentido, a cargo do psicólogo e psicoterapeuta Ramiro J. Álvarez, socio do Espazo+60 Afundación Lugo.
Con máis de 30 anos de experiencia nos ámbitos clínico e educativo, o autor compartirá pautas e ferramentas para favorecer unha mirada interior que axude a reflexionar sobre como cultivar a vida cotiá, identificar posibles bloqueos e activar os recursos persoais e motivacionais necesarios para superalos.
A actividade terá lugar o mércores 13 de maio, ás 19:00 horas, no Auditorio da Sede Afundación Abanca Lugo, con entrada pola Praza Santa María.
A entrada é libre ata completar a capacidade.
Máis información no Espazo +60 de Lugo.