Educación financeira para escolares: «Preparad@s para dar o salto?»
Volve a conferencia sobre finanzas «Preparad@s para dar o salto?: As necesidades financeiras ao longo da vida», para bacharelato e Ciclos Formativos. Con ela a xente nova poderá saber da importancia dun comportamento financeiro responsable desde tres eidos: a xestión do diñeiro, a elección de produtos financeiros e a planificación financeira.
Esta conferencia en 2017 serviu para expor a un total de 1.596 moz@s a necesidade de prestar atención aos cambios que o mercado laboral está vivindo coa evolución da economía e a situación dos mercados, esixindo transitar do emprego á empregabilidade, e a necesidade de ter un comportamento responsable, centrado na xestión do diñeiro, a elección de produtos financeiros e a planificación.