Concerto de MANUEL LÓPEZ, O pianista da man esquerda, na Coruña
Manuel López, pianista e compositor, convídanos a unha viaxe sonora de superación e virtuosismo. Tras enfrontarse á distonía focal e a un ictus, atopou na súa man esquerda a ferramenta para seguirse a expresar a través da música, adaptando e reimaxinando obras concibidas orixinalmente para ambas as mans. O 14 de xuño estará na Sede Afundación A Coruña.
Reserva aquí as túas entradas.
Neste concerto, Manuel López, coñecido coma O pianista da man esquerda, interpreta pezas de Brahms, Scriabin, Chopin, Beethoven, Granados e Debussy, canda transcricións propias inéditas e homenaxes a compositores neoclásicos como Ludovico Einaudi, Max Richter e Philip Glass. A través da súa música, transmite unha mensaxe inspiradora: o amor pola arte pode superar calquera obstáculo.
Aproveita para visitares a axenda web e decatáreste de todas as propostas culturais que che ofrecemos ao longo do mes. Tamén podes entrar na nosa ticketeira Ataquilla.com para informarte doutras actividades escénicas.