• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Entrega do XV Premio de Poesía Afundación a Estíbaliz Espinosa. A Coruña

Xeral
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Entrega do XV Premio de Poesía Afundación a Estíbaliz Espinosa. A Coruña
  • 09-05-2018 09-05-2018 Entrega do XV Premio de Poesía Afundación a Estíbaliz Espinosa. A Coruña A escritora recolle o galardón pola súa obra As neuronas irmás. Sede Afundación A Coruña Cantón Grande, 8. A Coruña (A Coruña) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. A Coruña (A Coruña)

  • Datas:

    9 de maio 2018

  • Horario:

    20.00 h

O mércores 9 de maio ten lugar o acto de entrega do XV Premio de Poesía Afundación a Estíbaliz Espinosa pola súa obra As neuronas irmás. Acompañará o recitado de poemas a pianista Isabel Gómez Alonso, xunto coa proxección de imaxes do mundo da neuroloxía, a ciencia en xeral e a astronomía, eixes da poesía da premiada. Ademais proxectarase un booktrailer feito para a ocasión. Todo, na Sede Afundación A Coruña.

 

Confirma asistencia neste formulario. 

 

Ao acto asistirán, ademais da premiada, Xosé Carlos Caneiro Pérez, escritor e patrono de Afundación; Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia; e Luís González Tosar, presidente do Centro PEN Galicia.

 

Isabel Gómez Alonso PIANISTA

É profesora titulada superior en Solfexo e Piano. Tamén cursou a diplomatura de Maxisterio en Educación Musical e titulouse en Pedagoxía Willems e Rítmica Dalcroze. Durante anos colaborou con cantantes e no 2012 comezou a traballar como pianista repertorista do Coro de Nenos da Orquestra Sinfónica de Galicia, agrupación coa que se mantivo durante seis anos, para logo incorporarse como corista no Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia. Desde 2001 traballou en diversos conservatorios da comunidade como profesora de Fundamentos de Composición e no ano 2008 incorporouse ao Conservatorio Profesional da Coruña como profesora de Linguaxe Musical e Educación Auditiva e Vocal. Desde 2011 coordina neste centro o Grao Elemental, e desde 2012 tamén é responsable do proxecto dirixido á incorporación de alumnado con necesidades educativas especiais nas ensinanzas musicais. 

 

Estíbaliz Espinosa Río PREMIADA

A Coruña, 1974, ano da mensaxe  ao espazo dende o radiotelescopio de Arecibo

www.estibalizespinosa.com

@criaturamecanic

 

Naceu e vive na Coruña. É escritora, músico e astrónoma afeccionada. Interésalle a constelación que une literatura, ciencia e muller. O seu labor poético, concibido como unha exploración, unha mutación ou unha simbiose, ten a reivindicación da ciencia como parte substancial da cultura humanística. A curiosidade como emblema. É licenciada en Socioloxía e en Filoloxía Hispánica, ambas pola UDC.

 

Publicou varios libros de poemas:

Mecánica Zeleste [1999]

Pan [libro de ler e desler] [2000]

-orama [2002]

Número e [2003]

Zoommm. Textos biónicos [2007/2009]

Papel a punto de [2011]

Curiosidade [2017]

 

Escribe tamén relato curto, ensaio e traducións. Entre eles, os seus relatos sobre mulleres investigadoras, narrados en Radio Voz, co título Cápsulas de son. Escribiu tamén un álbum de astronomía para nen*s, Caer de cu polo universo [2015]. Traduciu a Sholeh Wolpé, J.L. Ducid, fragmentos de Carl Sagan, Richard Feynman, Grace Paley, Wislawa Szymborska ou Diane Ackerman.

 

Artellou un ciclo de encontros entre literatura, arte e novas tecnoloxías: Pinte un bisonte na caverna, por favor [Caixa Galicia, 2008].

 

Algúns dos seus poemas traducíronse a galés, catalán, macedonio, xaponés, hebreo, iraniano, castelán, inglés, alemán. Poemas seus publicáronse na revista neoiorquina Strange Horizons, na xaponesa Beagle e en diversas publicacións galegas e castelás, como Olga ou La Galla Ciencia, e no libro colectivo The Museum of all things awesome and that go boom. Obtivo galardóns como o Premio Esquío, La voz +joven, Serie B de Poesía  ou o Espiral Maior en poesía, e o José Saramago de Santiago de Compostela, en relato. Foi finalista do certame Cosecha Eñe de relatos en castelán [2014].

 

Participou en eventos de divulgación científica como Naukas 2017 e en numerosos festivais literarios, dende Gales a Barcelona, Bos Aires ou Vigo, e en numerosos recitais, dende Famalição a Palma de Mallorca, dende Gernika ao Planetario da Coruña.

 

Entre as súas influencias salientan a ciencia [astronomía, neurociencia, bioloxía, programación], ciencia-ficción, música, feminismo, novas tecnoloxías, a narrativa científica e a literatura experimental, dende a poesía galega, norteamericana e oriental, á narrativa latinoamericana ou a literatura eslava. 

 

O PREMIO

O galardón, que implica a publicación do libro na colección «Arte de trobar» e unha dotación económica de 6000 euros, comezou o seu percorrido no ano 2002 a instancias do PEN Club de Galicia e de Afundación. No seu elenco de gañadores figuran poetas galegos como Xavier Seoane, María do Cebreiro, Román Raña, Arcadio López Casanova, Marilar Aleixandre, Carlos Penelas, Luís Vale Regueiro, Emma Pedreira, Xavier Rodríguez Baixeras, X. Daniel Costas, Yolanda Castaño, Elías Portela, Miguel Anxo Fernán Vello ou Olalla Cociña, gañadora da anterior convocatoria.

 

O premio, que celebra a súa décimo quinta edición, conta co apoio e a participación da Xunta de Galicia. Afundación e o Centro PEN de Galicia, tras quince anos de implicación e compromiso coa poesía e coa literatura galega, continúan traballando por un xénero indispensable que, aínda que minoritario, serve de cimento para a consolidación da renovación estética e para a normalización da lingua galega.

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078