PLANCTON 2022. Limpeza de lixo mariño na ILLA DE SÁLVORA
O noso Plan de Conservación Territoral On (PLANCTON), desembarca na mañá do sábado 24 de setembro na Illa de Sálvora para levar a cabo unha xornada de limpeza de lixo mariño. Ao remate da xornada, e despois dun pequeno pícnic, poderanse escoller diferentes actividades a realizar na illa, algunhas delas con guía, para coñecer as peculiaridades da pequena illa, enmarcada na Ría da Arousa.
DINÁMICA DA ACTIVIDADE
Realización de recollida de lixo mariño no areal da Illa de Sálvora, identificando e pesando os distintos tipos de lixo atopados.
Subministramos un modelo para rexistrar o lixo mariño, e tamén luvas, bolsas e cestos para facilitar a recollida. Ademais, ao rematar, haberá un pequeno pícnic para as persoas participantes.
Recomendacións: Roupa cómoda, gorra, calzado deportivo e auga.
Coa colaboración de PNMTIAG.
PROGRAMA
09:45 h | Punto de encontro das persoas participantes da actividade no porto do Grove
10:00 h | Traslado en barco cara á Illa de Sálvora
10:50 h | Chegada á Illa de Sálvora
11:00 h | Organización en grupos e desprazamento para a actividade de limpeza de lixo mariño:
- Grupo 1: areal do Almacén
- Grupo 2: areal dos Bois
- Grupo 3: areal de Zafra
- Grupo 4: areal de Lagos
11:20 h | Inicio da limpeza de lixos mariños nos areais de Sálvora
13:00 h | Fin da limpeza e retorno ao punto de encontro para contabilizar e pesar o lixo mariño recollido.
13:45 h | Pícnic no areal do Almacén
15:30 h | Podes elixir entre as seguintes actividades:
- 15:30 h | Retirada de flora exótica invasora pola Illa de Sálvora. Acompañados polos guías do PNMTIAG.
- 15:30 h | Visita guiada á aldea de Sálvora (previa inscrición max. 25 pax), impartida por unha guía oficial (1 hora).
- 15:30 h | Desfrute do areal do Almacén, situado na entrada da Illa.
- 16:30 h | Visita guiada pola ruta do faro de Sálvora (previa inscrición max. 25 pax), impartida por unha guía oficial (1 hora).
17:50 h | Punto de encontro das persoas participantes da actividade no porto de Sálvora
18:00 h | Traslado en barco cara ao porto do Grove
PLANCTON 2022 é un proxecto multidisciplinar, enmarcado dentro da estratexia de sostibilidade de ABANCA e Afundación, que ten como obxectivo principal fomentar a conservación e a sostibilidade das actividades socioeconómicas que se levan a cabo en catro das Zonas de Especial Protección para as Aves de ámbito mariño existentes en Galicia. No marco deste proxecto, que se iniciou en 2021, conseguíuse retirar ata o de agora preto de 20 toneladas de residuos das costas e fondos de Galicia.
MÁIS INFORMACIÓN sobre PLANCTON.