PLANCTON: Limpeza de areeiros da Lanzada
O gran areal da Lanzada, no Concello do Grove, converterase ao longo da mañá do sábado 16 de outubro nun novo escenario de limpeza de residuos dentro do programa PLANCTON, onde un nutrido grupo de voluntarias e voluntarios de Afundación dedican os seus esforzos para retirar todo o lixo que se atope ao seu paso.
Con esta, serán xa dez as accións de limpeza que se levaron a cabo desde a presentación de PLANCTON en Vigo no mes de marzo de 2021, actuacións de voluntariado executadas tanto en superficie, como pode ser o caso das limpezas de praias e costas realizadas en diferentes enclaves da Illa de Arousa, Baldaio, As Ons, Cortegada, Corrubedo ou Cambados, como baixo o propio nivel do mar, tal e como sucedeu por exemplo nos fondos do illote Guidoiro-Areoso, en senllas ocasións, ou en Cambados máis recentemente, onde tivo lugar unha gran limpeza de fondos marisqueiros na que se conseguiron retirar máis de tonelada e media de residuos.
Últimas accións realizadas con PLANCTON:
Illote Guidoiro-Areoso [+INFO]
Illa de Arousa [+INFO]
Illa de Cortegada [+INFO]
Praias de Razo, Baldaio e Punta do Sal [+INFO]
Limpeza de defensas Illa de Arousa [+INFO]
Limpeza da praia do Vilar [+INFO]
Limpeza dos fondos marisqueiros en Cambados [+INFO]
A Obra Social de Abanca non se atopa soa na súa loita contra contra os lixos mariños, así dentro deste proxecto PLANCTON no que se enmarcan todas estas actuacións de voluntariado ambiental, conta coa colaboración da Fundación Biodiversidade, do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través do Programa Pleamar, cofinanciado polo FEMP, e complementario ao proxecto LIFE-IP INTEMARES, e ten como gran obxectivo fomentar a conservación e a sustentabilidade das actividades socioeconómicas nas áreas de influencia das Zonas de Especial Protección de Aves Mariñas de Galicia (ZEPA) e outras da Rede Natura 2000.
MÁIS INFORMACIÓN sobre este programa.