PLANCTON: Limpeza de fondos no Grove e Cambados
Retomamos durante a mañá do sábado 23 de outubro as limpezas de fondos marisqueiros programadas no seo de PLANCTON, o Plan de Conservación Territorial que ao longo de todo este ano vén executando en colaboración coa Fundación Biodiversidade, do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través do Programa Pleamar, cofinanciado polo FEMP, complementario á súa vez ao proxecto LIFE-IP INTEMARES.
Nesta ocasión, as actuacións de limpeza levaranse a cabo de xeito simultáneo en diferentes enclaves da ría da Arousa, tanto no Concello do Grove, onde se actúa por primeira vez no marco deste proxecto impulsado por Afundación, coma no de Cambados, onde en outubro se realizaba a primeira das limpezas deste tipo, e onde se conseguiron retirar case unha tonelada e media de residuos.
Neumáticos, pequenos trozos de vidro, tapóns, botes, botellas, envoltorios e outros restos de obxectos plásticos, así coma diversos útiles extraviados durante o exercicio da actividade pesqueira, coma as nasas ou os amontoamentos de redes ensarilladas, cabos e cabiños, son principalmente os obxectos a retirar dos fondos.
Últimas accións realizadas con PLANCTON:
Illote Guidoiro-Areoso [+INFO]
Illa de Arousa [+INFO]
Illa de Cortegada [+INFO]
Praias de Razo, Baldaio e Punta do Sal [+INFO]
Limpeza de defensas Illa de Arousa [+INFO]
Limpeza da praia do Vilar [+INFO]
Limpeza dos fondos marisqueiros en Cambados [+INFO]
Limpeza de areeiros da Lanzada [+INFO]
Paralelamente a estas actuacións de limpeza, a Obra Social de ABANCA realiza a través de PLANCTON unha serie de actividades divulgativas e formativas complementarias que pretenden fomentar a conservación e a sustentabilidade das actividades socioeconómicas que se desenvolven nas áreas de influencia das Zonas de Especial Protección de Aves Mariñas de Galicia (ZEPA) e outras da Rede Natura 2000.