Campaña MERCADO SEN LIXO, en Ribeira
Os mercados ambulantes e feiras tradicionais son espazos de gran valor económico, social e cultural. Porén, a súa natureza atemporal e ao aire libre xera un reto ambiental real: residuos lixeiros como bolsas, envoltorios ou papeis que, se non se xestionan de xeito adecuado, rematan dispersándose polo contorno e chegando ao mar.
Con «Mercado sen lixo», unha campaña de PLANCTON, o noso plan de conservación territorial, poñemos en marcha unha iniciativa para reducir ese impacto nos mercados de Ribeira. A acción baséase no modelo dos 9R da economía circular, que prioriza a prevención do residuo desde a orixe, antes de que se converta nun problema.
Para iso, contamos con persoas voluntarias que acompañan e sensibilizan aos comerciantes e a clientela sobre boas prácticas, tótems informativos distribuídos polo mercado con recomendacións concretas para cada axente e bolsas habilitadas para que os feirantes poidan xestionar sen problemas os residuos que se xeran nos postos.
Porque o que queda aquí, acaba no mar, e entre todos e todas podemos evitalo.
Esta campaña desenvólvese en colaboración con Ecoembes, Urbaser, Portos de Galicia e o Concello de Ribeira.
Infórmate sobre todas as nosas accións de voluntariado e conservación mariña no portal de Actúa. E se queres descubrir máis propostas culturais, visita a axenda web ou entra na nosa ticketeira Ataquilla.com para gozar de máis actividades escénicas.