PLANCTON 2023. Limpeza nos fondos marisqueiros da Illa da Arousa
O sábado 25 de marzo, terá lugar unha nova xornada de limpeza de defensas nos fondos marisqueiros da Illa da Arousa no marco de PLANCTON.
Esta é a segunda ocasión en que se realiza unha limpeza deste tipo. As defensas son pneumáticos empregados normalmente polas embarcacións e os portos que facilitan o atraque e evitan golpes nas embarcacións. Estas defensas perdidas ou abandonadas nos fondos dalgúns areeiros supoñen un problema, tanto a nivel ambiental xa que son residuos mariños, como a nivel económico xa que dificultan a realización da súa actividade marisqueira.
Participantes: Confraría da Illa de Arousa, Actúa Voluntariado, ABANCA Mar e Afundación. Colaboran: vixiantes da Opp20
PROGRAMA
10:30 h Punto de encontro das persoas participantes Itinerario 1: Areal de Rubas
11:00 h Punto de encontro das persoas participantes Itinerario 2: Areal de Semuíño
As persoas participantes achegaranse ao areal asignado na inscrición da actividade. Dende a coordinación da actividade realizarase a distribución das persoas participantes polo areal nos lugares detectados previamente con presenza de defensas.
10:30 / 11:00 h - 13:30 h Retirada das defensas dos fondos e traslado das mesmas ao vehículo de recollida. Baixamar ás 12:15 h 0,7 m
13:40 h Fin da limpeza para o voluntariado participante.
13:45 h Traslado e descarga das defensas polos vehículos de recollida dende os areais ata o punto de entrega ao xestor autorizado no Porto do Xufre, na parte de atrás da Lonxa vella.
14:00 h Traslado das defensas polo xestor autorizado dende o porto do Xufre ao polígono Industrial As Gándaras no Porriño, sede do Grupo Couceiro.
14:10 h Petiscos para as persoas participantes da limpeza.
PLANCTON é un proxecto multidisciplinar, enmarcado dentro da estratexia de sustentabilidade de ABANCA e Afundación, que ten como obxectivo principal fomentar a conservación e a sustentabilidade das actividades socioeconómicas que se levan a cabo en catro das Zonas de Especial Protección para as Aves de ámbito mariño existentes en Galicia.
Máis información AQUÍ.