Limpeza de areais na praia de Area da Cruz no Grove con alumnado de UIE
Desde Afundación poñemos a andar unha nova actividade de limpeza de lixo mariño na praia de Area da Cruz, dentro da Área de conservación no Plan de Conservación da Píllara das dunas (Charadrius alexandrinus).
A limpeza será desenvolvida polo voluntariado Actúa de ABANCA e Afundación, entre quen se atopan estudantes da Universidade Intercontinental da Empresa (UIE).
Desde que comezou PLANCTON a primeiros de 2021, son xa máis de 26 as toneladas de lixo mariño recollidas por Afundación nas 24 actuacións de limpeza organizadas ata agora, e que continuarán ao longo de todo este ano nesta terceira edición.
PLANCTON é un proxecto multidisciplinar, enmarcado dentro da estratexia de sustentabilidade de ABANCA e Afundación, que ten como obxectivo principal fomentar a conservación e a sustentabilidade das actividades socioeconómicas que se levan a cabo en catro das Zonas de Especial Protección para as Aves de ámbito mariño existentes en Galicia.
Máis información AQUÍ.