Limpeza de areais coa Confraría de Pescadores de Burela
Lugares: Areal de Perdouro e areal da Marosa, Concello de Burela
Participantes: Fundación Eu Son, Asociación Saúde Mental “A Mariña”, Espazo +60 Viveiro, veciñanza de Burela, Confraría de Burela e Afundación.
PROGRAMA PROVISIONAL
10:45 h Punto de encontro en Perdouro e na Marosa
11:00 h Organización de participantes para a limpeza
- Explicación da actividade
- Organización dos grupos e entrega do material para a limpeza
12:45 h Entrega e pesado do lixo
13:15 h Fin da actividade
DINÁMICA DA ACTIVIDADE
Realización dunha recollida de lixo no areal de Perdouro e Marosa en Burela.
O areal de Perdouro, polas súas caracterisitcas de accesibilidade e de composición, con moita rocha, non é recomendable para persoas con dificultades de mobilidade.
Os grupos participantes estarán acompañados por monitor/ a da organización e no punto de encontro explicarase o seguinte:
• Todo o lixo mariño que se recolle debe separarse segundo a materia prima ou a tipoloxía, contabilizarse, para posteriormente pesar as distintas fraccións.
• Cada 10 persoas participantes (aprox.) haberá un apuntador/ a do lixo recollido no padrón subministrado.
• O resto de participantes deben comunicar o lixo recollido ao apuntador/ a antes de metelo na bolsa/ cesto.
A organización subministrará o padrón para anotar, luvas, bolsas e cestos para facilitar a recollida. Recoméndase que as persoas participantes leven auga, roupa e calzado cómodos, gorro... axeitados para facer unha actividade ao aire libre.
PLANCTON é un proxecto multidisciplinar, enmarcado dentro da estratexia de sustentabilidade de ABANCA e Afundación, que ten como obxectivo principal fomentar a conservación e a sustentabilidade das actividades socioeconómicas que se levan a cabo en catro das Zonas de Especial Protección para as Aves de ámbito mariño existentes en Galicia.
Máis información AQUÍ.