Peter Pan. El Musical. Vigo
Peter Pan. El Musical está o 20 de xullo no Teatro Afundación de Vigo. O musical familiar máis aclamado das últimas décadas que visitou o West End Londinense e despregou a súa maxia no Garrick Theatre.
Unha produción familiar de gran formato que xa cativou máis de 4.000.000 de espectadores con máis de 4.500 representacións e grande éxito de crítica e público: o maior espectáculo infantil das últimas dúas décadas en España. Agora recala en Galicia dentro da súa xira nacional e despois de visitar o Teatro Gran Vía de Madrid.
O xornal The Times de Londres publicou: "Peter Pan. El Musical no top five dos mellores musicais de Londres".