Performance "Sempre vivas" Día Internacional para la Eliminación de la Violencia de Género - Espazo +60 Monforte
O Espazo +60 de Monforte, dentro da súa programación de acompañamento emocional, participará nos actos que se celebrarán para conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero o martes 25 de novembro.
O obxectivo principal é promover a erradicación de todas as formas de violencia contra as mulleres e nenas a nivel mundial.
Este ano, a directora artística monfortina Paqui Abeledos crea a performance “Semprevivas” para non esquecer e ter presentes ás 40 mulleres vítimas de violencia de xénero no que vai de ano. As socias do Espazo +60 representarán de forma figurativa a cada unha desas mulleres.
Leranse un manifesto e repartiranse materiais de sensibilización.
Agardámoste na praza Campo San Antonio de Monforte de Lemos o día 25 de novembro.
Actividade gratuíta.
Máis información no Espazo +60 de Monforte (982 402 853 ou mais60monforte@afundacion.org).