Obradoiros infantís: «Sábados musicais». A Coruña
Os sábados de febreiro na Sede Afundación da Coruña hai moita diversión. Con motivo da exposición «Sonoro empeño. A música nas coleccións ABANCA e Afundación», que podes visitar ata o 2 de marzo, traemos uns obradoiros infantís moi divertidos para nenas e nenos de 4 a 9 anos en que realizarán distintos instrumentos musicais con materiais de refugallo. Benvid@s aos «Sábados musicais» os días 2, 9, 16 e 23 de febreiro.
- Sábado 2: Os fíos prodixiosos da música
Audición e visionado de obras relacionadas cos instrumentos de corda. Coñeceremos curiosos instrumentos que nunca imaxinaramos e, no obradoiro, fabricaremos o noso propio: unha caixa de son con corda tensada.
- Sábado 9: Bater con sentido tamén é música
O segundo obradoiro da nosa ruta é o máis ruidoso, bater, petar con sentido será o obxectivo. Os instrumentos protagonistas serán os de percusión. Audicións, pintura e creatividade para construír un auténtico tambor.
- Sábado 16: O vento que asubía
Audicións de instrumentos de vento, frautas, trompetas e trombóns. Obras de arte e sons nun taller onde a arte e a destreza nos axudarán a construír unha frauta máxica.
- Sábado 23: Pentagramas máxicos
O último sábado musical está dedicado ás orquestras, os dúos, os conxuntos e os grupos musicais. Algunhas obras de arte inspirarán o noso taller, onde realizaremos un traballo plástico de conxunto con música e pintura.
11.30 a 13.00 h
Previa reserva
3 € / participante
[Preciso traer mandil]
Apúntate!
Sede Afundación A Coruña
Cantón Grande, 8
areaeducativacoruna@afundacion.org
981 185 060