Obradoiro-demostración co chef Pepe Solla. Santiago de Compostela

O mércores 11 de setembro prepara o padal porque chega ao Centro Obra Social ABANCA de Santiago de Compostela o noso chef con Estrela Michelín, Pepe Solla. Un obradoiro-demostración onde o famoso cociñeiro preparará e explicará os procedementos máis técnicos dos seus característicos pratos.
As persoas asistentes poderán degustar as receitas elaboradas e conversar con el.
Garda a túa praza en ataquilla.com! (Prazas limitadas!)
SONORO EMPEÑO
Arte e música danse a man na capital galega, e transforman o Centro Obra Social ABANCA de Santiago de Compostela nun potente, dinámico e sonoro altofalante.
O proxecto cultural SONORO EMPEÑO ofrece un compendio de actividades anovadoras e orixinais, con eixe na mostra homónima que conta con algunhas das obras máis destacadas da Colección de Arte Afundación e ABANCA. Un universo de experiencias orientado a diferentes públicos e deseñado para gozar coa música en moitas das súas variantes, e do diálogo desta con outros conceptos coma a pintura, poesía, escultura, cinema, tecnoloxía, cociña ou ciencia. En conxunto, unha oferta encamiñada a xerar unha experiencia musical, sinestésica e inesquecible. A partir do 25 de marzo.