Únete e colabora na recollida de alimentos, produtos de hixiene persoal e limpeza doméstica, Espazo +60 Betanzos
Ante a necesidade alimentaria de milleiros de familias, o Espazo +60 Afundación de Betanzos súmase un ano máis á recollida de alimentos a beneficio de Cruz Vermella, destinada ás familias de Betanzos e os municipios da contorna. Os produtos necesarios son leite, aceite, conservas e produtos en lata. Tamén produtos de hixiene persoal e de limpeza no fogar.
Un grupo de persoas maiores voluntarias do Espazo +60 colaboran coa recollida de alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene persoal e doméstica, motivando ás persoas asociadas a facer as súas doazóns e informando sobre o tipo de alimentos máis demandados.
Esta iniciativa forma parte do programa de voluntariado "O valor da experiencia" da área de Envellecemento Activo de Afundación, que ten como finalidade potenciar o papel activo das persoas maiores na sociedade e favorecer o desenvolvemento de accións interxeracionais e de voluntariado.