Mes do Medio Ambiente XUÑO 2022. ACTIVIDADES
Este mes de xuño ofrecemos unha programación variada para celebrar o Día do Medio Ambiente (5 XUÑ) e os Océanos (8 XUÑ), adheríndonos á ALIANZA GALEGA POLO CLIMA, con actividades no Centro Interactivo de Educación Ambiental NATURNOVA, unha nova acción de limpeza de praias co programa PLANCTON e exposicións con selo medioambiental.
- 4 XUÑ | OBRADOIRO DE BOLBORETAS | 12.00 a 13.30 h
Achegamos o coñecemento sobre estes insectos, os seus ciclos vitais e outras curiosidades cun taller moi divertido para nenos e nenas. Axudarannos no noso obxectivo elas mesmas, bolboretas vivas, e tamén eirugas e crisálidas ás que poderemos tocar, ver e seguir nos seus procesos naturais. ENTRADAS - 5 XUÑ | A MÚSICA DA RECICLAXE
En colaboración coa Xunta de Galicia e Ecoembes, terá lugar en Santiago de Compostela o concerto A música da reciclaxe para visibilizar o exemplo das persoas ecoperegrinas que respectan o Camiño de Santiago, contribuíndo a mantelo limpo de lixo. ENTRADAS - 6 XUÑ | ALIANZA GALEGA POLO CLIMA
Canda a Universidade Intercontinental da Empresa (UIE) e ABANCA, adherímonos a este proxecto da Xunta de Galicia que promove mellorar a sustentabilidade no tecido empresarial galego. - 11 XUÑ | XORNADA DE PORTAS ABERTAS EN NATURNOVA
Con entrada gratuíta, o Centro Interactivo de Educación Medioambiental convídate a te pasares polas súas inmediacións para contribuír co programa CULTURA POR ALIMENTOS, doando produtos de consumo non perecedoiros en beneficio dos bancos de alimentos locais. - 11 XUÑ | PLANCTON
Nova acción de voluntariado medioambiental nas Illas Cíes: Erradicación de especies exóticas invasoras. - 22 XUÑ | ANUARIO CORRESPONSABLES
Presentación da 17ª edición "Riesgos, actuaciones y principales oportunidades sostenibles en materia de ESG en Galicia". Tras o éxito da presentación en Madrid e Barcelona, agora na Coruña cunhas xornadas en que reunirá a todo tipo de organizacións e persoas expertas.
O evento está promovido pola Xunta de Galicia e contará coa participación de ABANCA, Gadisa e Vegalsa-Eroski, entre outros.
Capacidade limitada, reserva aquí a túa praza.
- 29 XUÑ | PLANTANDO ÁRBORES CON PINCEIS
Creación dun mural nas instalacións do centro, realizado con pinturas fotocatalíticas, que absorben o CO2 da atmosfera. - EXPOSICIÓNS con CORRENTE CULTURAL
OS NOSOS OCÉANOS no Porriño | ata o 19 XUÑ | MÁIS INFO
AUGA. O SANGUE DA TERRA en Guitiriz | ata o 21 XUÑ | MÁIS INFO