Velaquí a MEMORIA Afundación 2024

A Memoria Afundación 2024 é un reflexo do compromiso coas persoas, o coñecemento e a sustentabilidade que guiou a nosa acción ao longo deste ano.
Na última década vivíronse cambios globais profundos, e nós respondemos con propostas transformadoras: programas de saúde emocional para persoas maiores, iniciativas de educación para a sustentabilidade recoñecidas a nivel estatal ou proxectos culturais como «Simultánea», que levou o noso patrimonio artístico ás sete cidades galegas.
A memoria é para nós moito máis ca un rexistro anual. É unha ferramenta de transparencia, pero tamén unha mostra de aprendizaxe compartida e de visión de futuro.
Descarga aquí a Memoria Afundación 2024 (PDF)