Memoria Afundación 2025
Cada ano, en Afundación, recollemos nunha memoria todo o que fixemos durante os últimos doce meses. É unha forma de contar, de maneira clara e accesible, en que traballamos, con quen colaboramos e que resultados conseguimos xunto ás persoas e entidades que forman parte da nosa comunidade.
A nosa actividade organízase ó redor de varias grandes liñas: a conciencia social e medioambiental, a educación, o acompañamento ás persoas maiores e a cultura e o patrimonio. En cada unha delas desenvolvemos proxectos moi distintos entre si, pero que comparten un mesmo propósito: contribuír ao benestar da sociedade galega e proxectar ese compromiso máis alá do noso territorio.
Detrás de cada programa, exposición, obradoiro ou iniciativa de voluntariado hai persoas: profesionais, voluntarias e voluntarios, entidades colaboradoras e, sobre todo, a cidadanía que participa e dá sentido a todo o que facemos. A memoria anual é, en definitiva, un reflexo dese traballo conxunto.
Convidámoste a descubrir con máis detalle todo o que fixemos ao longo do ano descargando a nosa Memoria 2025.