Espectáculo cómico MARTITA DE GRANÁ en Vigo
PÚBLICO RECOMENDADO + 16 ANOS
Martita de Graná é un auténtico bulebule mediático en redes sociais, unha das cómicas máis mediáticas e divertidas actualmente que se “bota padiante” e se lanza aos escenarios dos mellores teatros e auditorios de toda España. As risas están máis que aseguradas.
É tan grande o seu éxito que o seu pai aínda non o cre; de aí o nome do seu show “Mi padre flipa”. Se che gusta a súa maneira de afrontar o seu día a día e o que conta nos seus vídeos e historias de Instagram e, sobre todo, como os conta, non perdas a oportunidade de vela en directo e gozar da súa desenvoltura na túa cidade.