Voluntariado. Limpeza de fondos no illote Guidoiro Areoso
PROGRAMA PROVISIONAL
08:30h Punto de encontro do Club Subacuático Pérez-Sub no porto base de Vilanova de Arousa.
09:00h Saída do Club Subacuático Pérez-Sub cara ao Porto do Xufre na Illa de Arousa.
09:00h - 09:15h Punto de encontro dos participantes da limpeza no Porto do Xufre na Illa de Arousa. Control de participación pola organización, información da actividade e fotografía de grupo.
09:30h Saída dos participantes cara ao illote Guidoiro Areoso.
10:00h Inicio da limpeza.
12:00h Fin da limpeza de fondos, reconto de participantes e retorno ao Porto do Xufre.
12:20h Descarga de lixo no Porto do Xufre por todos os participantes. Clasificación, pesado e xestión do lixo.
12:45h Retorno dos participantes ao seu porto de inicio.
14:00h Petiscos para os participantes da limpeza.
Participantes:
Confraría A Illa de Arousa: participan os navalleiros empregando unha embarcación para cada dous. Tamén dúas embarcacións da confraría, unha para os labores de control do perímetro exterior da zona de limpeza e outra para a recollida e transporte do lixo.
Un total de 3 embarcacións, 13 navalleiros mergulladores, 2 patróns e 6 tripulantes de organización.
Club Subacuático Pérez-Sub: participarán mergulladores con equipo autónomo e a pulmón. Ademais dun xefe de seguridade e un médico.
Un total de 9 embarcacións, 20 mergulladores, 3 patróns, 1 xefe de seguridade, 1 médico e 2 tripulantes de organización.
Organización: participan como tripulación nas embarcacións en accións de apoio de seguridade e vixilancia, control da actividade e xestión do lixo, a asistencia técnica e o persoal de ABANCA Mar e Afundación.
O conxunto de recomendacións e necesidades da actividade subministraranse posteriormente unha vez realizada a inscrición.
Balizado da zona de limpeza
A zona de limpeza terá o seguinte balizado:
-1ª liña de perímetro exterior: previamente ao inicio da actividade de limpeza a zona estará balizada con boias amarelas de gran tamaño.
-2ª liña de perímetro interior: a zona de inmersión estará balizada polas boias dos navalleiros con bandeira alfa.
-Boias individuais: cada unha das persoas que realice inmersión de limpeza deberá levar a súa boia individual, en caso contrario, non se autorizará a súa inmersión.
Atraque no Porto do Xufre
Unha vez realizada a limpeza, a primeira embarcación que debe atracar no porto é a que transporta o lixo recollido. Posteriormente atracarán as demais.
Descarga de lixo
A descarga de lixo recollido realizarase mediante un proceso colaborativo, convídase a que todos os participantes da limpeza fagan unha cadea de descarga do lixo, dende o barco ao camión de transporte.
Todo o material preciso para a actividade será subministrado pola organización.
Colaboran: Concello da Illa de Arousa, FEGAS, Protección Civil de Vilanova de Arousa e SEMAR.
O Plan de conservación territorial-ON PLANCTON, é un plan multidisciplinar co obxectivo principal de fomentar a conservación e a sustentabilidade das actividades socioeconómicas realizadas na área de influencia das ZEPA mariñas de Galicia, Rede Natura 2000 de ámbito mariño competencia do Estado, tratando de inculcar unha conciencia sostible en todos os sectores sociais, especialmente no pesqueiro.
Este proxecto conta coa colaboración da Fundación Biodiversidade, do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través do Programa pleamar, cofinanciado polo FEMP, e complementario ao proxecto LIFE-IP INTEMARES.