Letras Galegas 2026: encontro con Encarna Otero sobre Begoña Caamaño - Espazo +60 Santiago
O espazo +60 Santiago acolle un encontro con Encarna Otero arredor da celebración do Día das Letras Galegas 2026 e da figura de Begoña Caamaño, autora homenaxeada nesta edición.
Durante a actividade realizarase unha aproximación á súa traxectoria persoal e literaria, así como á importancia da súa obra dentro da cultura galega contemporánea.
A sesión terá lugar o martes 12 de maio ás 17.30 h. A actividade é gratuíta, con inscrición previa no Espazo +60 de Santiago do 7 ao 11 de maio.