LETRAS GALEGAS Afundación 2026
Este 17 de maio, o Día das Letras Galegas homenaxea a Begoña Caamaño, escritora, activista e xornalista cuxa obra merece un lugar propio na cultura galega contemporánea.
Begoña Caamaño colaborou en medios como Radio Galega e deixou un legado literario cunha profundidade e unha personalidade difíciles de atopar. Nas súas dúas novelas, Circe ou o pracer do azul (2009) e Morgana en Esmelle (2012), reescribiu grandes mitos (a Odisea e as lendas artúricas) dende unha ollada feminista, íntima e profundamente literaria. Nelas, as mulleres son as que toman a palabra e as historias invitan a reflexionar sobre o amor, a liberdade e a identidade.
Como cada ano, dende Afundación súmamonos a esta celebración cunha programación pensada para todos os públicos, xa que a mellor maneira de honrar a esta escritora é achegar a súa vida e a súa literatura a quen aínda non a coñece.
Público escolar
Para os máis pequenos, preparamos recursos pensados para gozar e aprender: unha ruleta de palabras, un conto infantil e a biografía ilustrada de Begoña Caamaño. Todo iso dispoñible na nosa plataforma educativa.
Accede aquí aos recursos educativos
Público xeral
Para o público xeral, tamén preparamos propostas para celebrar o día. Pon a proba os teus coñecementos sobre Begoña Caamaño coa nosa ruleta interactiva, goza da nosa listaxe de Spotify con cancións en galego e, se estás en Santiago de Compostela, non te perdas a conferencia que celebraremos no Espazo+60, con Encarna Otero, que nos contará de primeira man quen foi Begoña Caamaño máis aló das súas páxinas.
- Xoga á ruleta de palabras
- Escoita a nosa listaxe de reprodución en Spotify
- Encontro con Encarna Otero no Espazo+60 de Santiago de Compostela | Martes 12 de maio, 19:30 h
Ademais, non esquezas seguirnos nas nosas redes sociais, onde iremos compartindo contidos interactivos para coñecer mellor a vida e a obra de Begoña Caamaño.
Aproveita para visitar a axenda web e descubrir todas as propostas culturais que che ofrecemos ao longo do mes. Tamén podes entrar na nosa ticketeira Ataquilla.com para informarte sobre outras actividades escénicas.