• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Xogos educativos LETRAS GALEGAS 2024

Cultura Outras Xeral
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Xogos educativos LETRAS GALEGAS 2024
  • 13-05-2024 19-05-2024 Xogos educativos LETRAS GALEGAS 2024 Luísa Villalta é desta volta a homenaxeada sobre a que xiran todas as nosas propostas lúdicas para todos os públicos. Entra e xoga para saber máis sobre a escritora coruñesa! Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario

Desde Afundación, Obra Social ABANCA, presentamos coma cada ano polo Día das Letras Galegas un proxecto de carácter educativo para achegar, neste caso, a obra de Luísa Villalta a todas as nenas e nenos e tamén ao resto do público. Un xeito ameno e divertido de coñecer un pouco máis a fondo a nosa escritora homenaxeada este 17 de maio de 2024. Grandes e pequenos/as poderán brincar e saber dela a través dun conto interactivo e tres rodas de letras para diferentes idades. 

 

Luísa Villalta é coñecida sobre todo pola súa faceta poética, aínda que é unha das grandes das nosas letras contemporáneas, con obra narrativa, desde novela a ensaio ou teatro. Ademais de escritora, a coruñesa tamén foi música e activista, o seu labor en favor da cultura galega realizouno non só a través da escrita, se non tamén como colaboradora en diferentes diarios, así coma cun activo compromiso social e político.

 
CONTO INTERACTIVO | Para público infantil e primeiros cursos de primaria.

As familias e o profesorado poderán ler e, á vez, se o desexan, xogar con el.

Para a ocasión, realizouse un texto inicial que pretende ser apoio e axuda á comunidade escolar, buscando a través do xogo, superar os problemas de comprensión lectora.

O conto pretende presentar de maneira sinxela e comprensible a Luísa Villalta, adaptando a súa poesía aos e ás máis pequenas, escollendo como tema a fusión da música e a poesía, un argumento moi presente na autora. Como ela defendía, a poesía é música, e a música, poesía. Desde os tempos das Cantigas de Amigo ata a súa época, a poesía na nosa lingua soáballe a “muiñeira vella”, como dicía do caso da obra de Rosalía de Castro.

Os xogos propostos ao longo do conto son sinxelos retos de vogais con algunha audición, cos que pretendemos ofrecer un xeito amable de se encontrar coas letras e as palabras.

Queres xogar? Entra aquí!

 

RODAS DE LETRAS

  • 4º a 6º de Educación Primaria, 1º e 2º de ESO | Entra aquí
  • 3º e 4º de ESO, bacharelato e CF | Entra aquí
  • Público xeral | Entra aquí

 

As rodas, cada unha no seu nivel, son un percorrido pola vida e obra desta escritora; a súa paixón pola música, o ensino e a escritura. O seu activismo social e a súa loita, e a súa colaboración coas artes plásticas, son algúns dos fitos a descubrir nestas  rodas de letras.

 

 

Entra aquí para ver todas as propostas!

Letras Galegas 2024 Luísa Villalta
Letras Galegas 2024 Luísa Villalta
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078