• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

As entidades sociais adheridas ao programa de Afundación «Coñecendo as emocións» destacan o impacto positivo

Maiores Séniors Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
As entidades sociais adheridas ao programa de Afundación «Coñecendo as emocións» destacan o impacto positivo
  • 26-02-2025 30-09-2025 As entidades sociais adheridas ao programa de Afundación «Coñecendo as emocións» destacan o impacto positivo Este programa foi codeseñado con socias e socios dos espazos +60 de Afundación e en colaboración con Matia Instituto, entidade dedicada desde hai máis de 20 anos á investigación en materia de envellecemento Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • Entrada:

    Gratuíta
  • Modalidade:

    Presencial

Nove entidades sociais desenvolveron o programa de Afundación «Coñecendo as emocións» entre outubro de 2024 e xaneiro de 2025, con un total de 136 participantes en 14 localidades galegas. A iniciativa levouse por primeira vez fóra dos espazos+60 Afundación tras ser testada, validada e implementada en tres edicións sucesivas nas que participaron 255 persoas de distintas localidades galegas, tanto rurais como urbanas. Codeseñado con persoas maiores, os resultados obtidos na investigación realizada por Afundación e Matia Instituto evidencian que o programa permite a mellora do benestar e a adquisición de competencias emocionais de quen participa.


A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) desenvolveu o programa nas localidades de Arteixo, Tomiño, Porriño e Rois, con un total de 36 persoas que resaltan a importancia de entender o que nos pasa. En palabras da psicóloga facilitadora da residencia de Arteixo, Rebeca Pérez, «foi unha experiencia de crecemento e enriquecemento persoal e emocional marabillosa, na que tivemos a oportunidade de mergullar e compartir o noso mundo interno». Tanto para Patricia Martínez como para as súas compañeiras Paula Puga y Rosa María Bouzón, psicólogas facilitadoras en Porriño, Tomiño e Rois «o tema emocional é sempre unha asignatura pendente. «“Conociendo las emociones” xerou un clima de confianza e benestar nas persoas participantes e o mesmo tempo coñecíanse un pouco mellor a elas mesmas».

Dende a Asociación Cultural Gallega de Formación Permanente de Adultos (ATEGAL), onde desenvolveron o programa nas súas aulas de Santiago e Lalín con 21 persoas, as psicólogas facilitadoras Majo Fares e Belinda López valoran a importancia de crear un espazo de aprendizaxe mutuo: «en cada sesión os participantes marchaban agradecidos polo trato, o ambiente e os coñecementos adquiridos, sen embargo, o que quizás no saben é que nos tambén levamos algo valioso: cada día aprendemos deles, das súas experiencias e de a súa maneira de ver a vida».

Na Asociación galega para a axuda dos enfermos con demencia tipo Alzheimer (AGADEA), que contou coa participación de 20 persoas nos seus centros de Ribeira e A Estrada, Alba Iglesias subliña como psicóloga facilitadora «o aprendizaxe a nivel persoal e profesional». Nos seus beneficios abunda tamén dende a mesma función Taida Sánchez, quen destaca que «o programa foi diseñado con gran sensibilidade e precisión, logrando adaptarse perfectamente ás necesidades das persoas maiores.

Creo que os participantes non só levan conocimientos teóricos e ferramentas prácticas, tambén una maior reflexión e introspección sobre as súas emocións, sentimentos e a súa maneira de afrontar situacións complexas». Cruz Roja Lugo resalta o impacto positivo no grupo de 10 persoas que participou dentro do marco do seu programa “Abuelos y abuelas educadores”, que destacan por exemplo que «non imaxinaba que as emocións tiñan tanta importancia e utilidade», que «es agradable comprobar que non eres un bicho raro por sentir como sintes, que hai máis xente que se emociona coma ti» ou que aprenderon a «utilizar a respiración para xestionar as emocións que antes me deixaban sen voz». En palabras de María Rodríguez Navarro, psicóloga facilitadora, «as sesións foron moi enriquecedoras e comprobamos cómo as persoas participantes afrontan as situacións diarias dun xeito máis adecuado»

Dende a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer y Otras Demencias de Pontevedra (AFAPO), onde desenvolveron o programa con 8 persoas, valoran a importancia de entender o que nos pasa: «o aumento da toma de conciencia emocional que observo no día a día dos participantes é impactante», subliña María Solla, psicóloga facilitadora.

No centro de día Mimosas de O Grove, Eva Fernández, tambén como psicóloga facilitadora, relata cómo sorprendeulle a implicación das 12 persoas participantes. «O diseño das actividades permitiu crear un espacio de seguridade onde abrirse e arroparse. Penso que desatouse un interese pola saúde emocional moi necesario».

Nos seus beneficios abunda tambén Marisol Fernández, psicóloga facilitadora do centro de día Contigo Bueu onde participaron 10 persoas, quen destaca que «agora que temos máis coñecemento sobre este mundo das emocións, sabemos qué é ter medo, qué é sentir ira. E non está mal sentirse así. Aprendamos a utilizalo no noso beneficio».

Dende o Centro de Desenvolvemento Rural do Viso, que desenvolveu o programa con 9 persoas en Xinzo de Limia, subliñan a importancia de realizalo nunha contorna rural.

En palabras da súa psicóloga facilitadora, Estela Villarino, «recoñecer cales son as emocións básicas e aprendidas e non rexeitar o medo, a tristeza ou o orgullo, ou saber que a alegría non é permanente e que saboreala pode chegar a ser un gran don, e descubrilo con cada unha das persoas do grupo foi emocionante, belo e retador. Un dos proxectos máis gratificantes para min, tanto a nivel profesional como persoal».

Pola súa banda, Fernanda Patiño, destaca como psicóloga facilitadora da Asociación ourensá de esclerose múltiple, párkinson e enfermidades raras (AODEMPER), onde contaron con 10 persoas, que «é moi gratificante facilitar o coñecemento das emocións, sendo partícipe da reacción de sorpresa que xera e a satisfacción das persoas participantes ao aplicar o aprendido na súa vida».

Tras estas experiencias, o próximo outono sumaranse novas entidades ao programa e en xaneiro de 2026 desenvolverase a segunda fase do proxecto, «Profundando as emocións», xa implantada nos espazos +60 Afundación. Esta proposta ten como obxectivo traballar emocións máis complexas como a soidade, a ansiedade ou a culpa a partir de situacións cotiás, buscar estratexias funcionais para abordalas e reflexionar sobre como mellorar as interaccións con persoas achegadas.

O PROGRAMA

Adquirir competencias emocionais, tamén despois de cumprir máis de 60 anos, é unha ferramenta de extraordinaria utilidade para a mellora do benestar. Así se desprende da investigación dos resultados do proxecto «Coñecendo as emocións», de Afundación, desenvolvido en colaboración con Matia, instituto de referencia en España na materia e con máis de 20 anos de traxectoria. Tras compartir estas conclusións con distintas entidades ás que se convidou a participar no programa, desenvólvese agora unha nova etapa que permitirá estender os seus beneficios ás persoas usuarias das organizacións participantes.

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078