Concerto Joana Serrat + Mow. A Coruña
O 16 de novembro a Sede Afundación da Coruña continúa coa súa cápsula de experiencias innovadoras co concerto de Joana Serrat e Mow dentro da programación de Acreativa, un proxecto que ten por obxectivo presentar as novas tendencias e vangardas culturais.
A cantautora de Vic (Barcelona) presenta o seu novo disco, Dripping Springs, o cuarto da súa exitosa carreira musical. O seu folk intimista e evocador, de claras influencias norteamericanas e canadenses, ten un punto cálido e profundo moi característico que mantén no seu novo traballo. Estamos ante o seu álbum máis completo, onde a composición e a interpretación, a personalidade e esa intanxible áurea cativadora que desprende Joana Serrat se ven aumentadas de xeito exponencial.