ÍTACA. Espazo interactivo de Educación financeira, en Vigo
__narrow.png)
ABANCA e Afundación convidámoste a viaxares cara á liberdade económica con ÍTACA, un espazo interactivo que fusiona educación financeira coa mitoloxía grega, inspirándonos na lendaria Odisea de Ulises. Guiarémoste a través dun percorrido fascinante onde cada paso te achegará á estabilidade económica coa axuda de intelixencia artificial, personaxes interactivos e efectos visuais. Propómosche diferentes obstáculos financeiros reais (consumismo, débedas, riscos financeiros e cibernéticos, inversións arriscadas…) para aprenderes a manexar o teu diñeiro de xeito práctico e atractivo.
Ata o 30 de xuño, na Sala de Exposicións do Teatro Afundación Vigo, agárdate unha viaxe chea de coñecemento, diversión e ferramentas para transformar a túa relación coas finanzas e vivir con maior seguridade o teu día a día.
INAUGURACIÓN | 3 ABR | 19.00 h
Inscríbete para asistir. (Prazas limitadas) COMPLETA!
VISITAS GUIADAS
xoves 10 e 24 ABR | 19.00 h
xoves 8, 15, 22 e 29 MAI | 19.00 h
xoves 5, 12, 19 e 26 XUÑ | 19.00 h
Inscríbete. (Prazas limitadas)
Coñeces o noso programa solidario CULTURA POR ALIMENTOS? Accede ás nosas actividades con algún alimento non perecedoiro para axudar os bancos de alimentos locais. Infórmate!
Actividade dirixida a todos os públicos.
En colaboración con FUNCAS.
DIDÁCTICA
INFANTIL a 3º PRIMARIA | «Viaxe ao centro do aforro»
Estes pequenos e pequenas Ulises montarán unha simpática feira para entender que é iso dos prezos...
4º PRIMARIA a 2º ESO | «Mates aplicadas, aforros e mitoloxía, quen dá máis?»
Valéndose das mates, deberán chegar a Ítaca, conservando e aumentando a súa carteira!
3º ESO a BACH, CF | «Ítaca»
A Odisea como metáfora dos altibaixos financeiros, será a travesía a superar chegando cos cartos ata o final.
DE BALDE!
Información e reservas: areaeducativavigo@afundacion.org ou no 986 129 032
Aproveita para visitares a axenda web e decatáreste de todas as propostas culturais que che ofrecemos ao longo do mes. Tamén podes entrar na nosa ticketeira Ataquilla.com para informarte doutras actividades escénicas.