Segunda limpeza de fondos no Illote Guidoiro Areoso
Os membros do Club Subacuático Pérez-Sub e pescadores de navallas da Confraría da Illa de Arousa recollen por segunda vez lixos mariños no Illote Guidoiro Areoso.
A Federación Galega de Actividades Subacuáticas, Protección Civil de Vilanova de Arousa, o Servizo Marítimo da Garda Civil e o Concello da Illa de Arousa prestan o seu apoio durante toda a actividade.
O Plan de conservación territorial- ON PLANCTON, é un plan multidisciplinar co obxectivo principal de fomentar a conservación e a sustentabilidade das actividades socioeconómicas realizadas na área de influencia das ZEPA mariñas de Galicia, Rede Natura 2000 de ámbito mariño competencia do Estado, tratando de inculcar unha conciencia sostible en todos os sectores sociais, especialmente no pesqueiro.
Outras accións realizadas con PLANCTON:
Illote Guidoiro-Areoso [+INFO]
Illa de Arousa [+INFO]
Illa de Cortegada [+INFO]
Praias de Razo, Baldaio e Punta do Sal [+INFO]
Este proxecto conta coa colaboración da Fundación Biodiversidade, do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través do Programa Pleamar, cofinanciado polo FEMP, e complementario ao proxecto LIFE-IP INTEMARES.