• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

HÁBITATS. NATUREZA ESTENDIDA, na Coruña

Cultura Exposicións Xeral
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
HÁBITATS. NATUREZA ESTENDIDA, na Coruña
  • 24-04-2025 15-09-2025 HÁBITATS. NATUREZA ESTENDIDA, na Coruña Unha experiencia inmersiva que combina realidade virtual (VR) e realidade aumentada (AR) para transportarte a oito ecosistemas emblemáticos dos cinco continentes. Colle xa as túas entradas en Ataquilla.com! Sede Afundación A Coruña Cantón Grande, 8. A Coruña (A Coruña) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. A Coruña (A Coruña)

  • Datas:

    24 ABR a 13 SET 2025

  • Horario:

    Baixo reserva de entrada

    (Será importante a puntualidade para que poidas gozar da experiencia completa)

Mercar

HÁBITATS. NATUREZA ESTENDIDA xa está na Sede Afundación A Coruña. Unha experiencia sensorial inmersiva coa que te convidamos, canda a Fundación Cidade da Cultura e a Xunta de Galicia, a explorar a diversidade dos ecosistemas do planeta Terra, percorrendo os cinco continentes a través dunha viaxe dixital fascinante. Coñece esta proposta innovadora que fusiona os mundos físico e dixital, permitindo estar en oito destinos únicos, grazas ás tecnoloxías de realidade virtual (VR) e realidade aumentada (AR), interactuando con espazos, animais e plantas cun nivel de detalle asombroso. Agardámoste na cidade herculina.

 

ENTRADAS

Entradas á venda a través de Ataquilla e na Sede Afundación A Coruña.

Prezo | 3,50 € (gastos de xestión incluídos)

Se pertences a un centro escolar, contacta coa Área Educativa de Afundación a través do correo electrónico areaeducativacoruna@afundacion.org ou no 981 18 65 49. Consulta as datas dispoñibles e reserva unha visita para o teu alumnado (desde 4º PRIMARIA ata BACH e CF).

 

Non poderá acceder a esta actividade o público menor de 6 anos de idade. Os/as menores de 12 anos deberán realizar a experiencia na compaña dunha persoa adulta responsable, e entre 6 e 8 anos deberán realizar a actividade da man da persoa adulta responsable.

 

CULTURA POR ALIMENTOS convídate a traeres a túa doazón de alimentos non perecedoiros para axudar os bancos de alimentos locais. Infórmate!

 

Hábitats. Natureza estendida lévanos desde o deserto de Sonora en Estados Unidos á Gran barreira de coral australiana, ou desde o Mar de Weddell na Antártida á Cova de Ceza no Courel, entre outros. Atoparemos na nosa aventura elefantes, osos, tartarugas, baleas, cágados e moitas outras especies ás que teremos o privilexio de observar de preto nos seus propios hábitats, grazas ás lentes de realidade virtual.

A instalación está aberta do 24 de abril ao 13 de setembro de 2025, de luns a sábado (festivos incluídos). Cada sesión ten unha duración aproximada de 30 minutos.

Esta actividade, coorganizada entre Afundación, Obra Social ABANCA e a Xunta de Galicia a través da Fundación Cidade da Cultura, foi conceptualizada e desenvolvida por Carlos Seijo, director do estudo galego Maxina.

 

Carlos Seijo - Maxina

Carlos Seijo (A Coruña, 1980) é un artista audiovisual galego cunha traxectoria que nace da estética e os gráficos xerados por computador para fusionarse, nos seus últimos proxectos, coas tecnoloxías emerxentes de realidade estendida e virtual. Na actualidade, dirixe o estudo galego Maxina, fundado xunto coa súa irmá Noela Seijo e especializado en efectos visuais, animación 3D e contidos inmersivos.

En Maxina realiza proxectos para institucións e empresas galegas e españolas próximas á ciencia, a arte, a innovación e a cultura, como Afundación, Netflix, Ferrovial, Xunta de Galicia ou o Guggenheim de Bilbao, entre outras. Con Ondas do sur, consegue o recoñecemento internacional como finalista dos Hollywood Music Awards 2015. O seu interese hoxe en día céntrase na creación de experiencias inmersivas enfocadas ao espazo museístico, cunha pulsión creativa moi ligada ás tecnoloxías de realidade virtual e mixta e á intelixencia artificial.

 

INFORMACIÓN PRÁCTICA

  • Prohibido o acceso a menores de 6 anos. Menores de 12 anos, cunha persoa adulta responsable que deberá adquirir tamén unha entrada; menores de 8 anos, deberán realizar a actividade da man dunha persoa adulta.
  • As persoas visitantes deben chegar 5 minutos antes da hora da reserva.
  • Non se recomenda a entrada a persoas con claustrofobia, vertixe, enfermidades cardíacas, antecedentes de convulsións ou sensibilidade de luces.
  • A instalación é accesible para persoas con mobilidade reducida.
  • Adoptamos un meticuloso protocolo de medidas de hixiene: todo o equipo se desinfecta coidadosamente para brindar unha esterilización eficiente entre cada visitante.
  • Debido ao emprego de tecnoloxía avanzada, a instalación pode requirir un mantemento non planificado que pode dar lugar a atrasos ou cancelacións.
  • A actividade reprodúcese en bucle, cando volva ver a escena inicial, dáse por terminada a experiencia. A duración aproximada é de 30 minutos.

 

Actividade coorganizada entre Afundación, Obra Social ABANCA, Fundación Cidade da Cultura e Xunta de Galicia.

 

Aproveita para visitares a axenda web e decatáreste de todas as propostas culturais que che ofrecemos ao longo do mes. Tamén podes entrar na nosa ticketeira Ataquilla.com para informarte doutras actividades escénicas.

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078