GODSPELL. O musical, en Vigo
O Teatro Afundación Vigo acolle esta produción de Antonio Banderas e Emilio Aragón do 20 ao 22 de marzo. Non quedes sen entradas e goza do musical GODSPELL. A cidade pontevedresa é a única praza galega que se inclúe nunha ansiada xira nacional despois da súa exitosa estrea no Teatro Soho de Málaga en 2022.
Colle xa as túas entradas AQUÍ.
Recomendación idade: maiores de catro anos
Duración: 115 minutos máis 15 minutos de descanso.
O espectáculo é unha coprodución de Teatro Soho e Estudio Caribe, con Antonio Banderas e Emilio Aragón á fronte, respectivamente, Emilio Aragón tamén na Dirección e Dirección musical.
GODSPELL, O MUSICAL, un clásico dos anos 70 candidato aos Tony, transportado agora a 2024, concibido e dirixido orixinalmente por John Michael Tebelak, con músicas e novas letras de Stephen Schwartz, está baseado no Evanxeo de San Mateo e nas súas parábolas.
O elenco está composto por Adrián Salzedo (Jesús), Alberto Ladrón de Guevara (Juan Bautista e Xudas), Andro Crespo (Andro), Érika Bleda (Érika), Iván Amigo (Iván), Juls Sosa (Juls), Lucía Ambrosini (Lucía), Noemi Gallego (Noemi), Nuria Sánchez (Nuria) e Raúl Ortiz (Raúl). Swings: Mónica Solaun e Nicolás Vilallonga.
Víctor Ullate Roche, Adxunto a Dirección, Dirección de Casting e Director residente. Coreografía a cargo de Carmelo Segura, Escenografía de Sebastià Brosa, Vestiario de Gabriela Salaverri, Iluminación de Juanjo Llorens e Son de Jordi Ballbé. Coordinación musical de Juan Carlos Cuello, director de voces e coro Ricardo Padilla e Tradución do libreto de Roser Batalla.
A escena arrinca nun lugar que ben puidera ser un almacén de teatro, unha corrala de veciños escangallada ou unha igrexa en ruínas. Nela descubrimos os nosos personaxes, trátase dun grupo de mozos e mozas que pertencen aparentemente a unha veciñanza, convocados para tomar unha decisión importante que afectará o futuro dos seus veciños e veciñas.
Esta primeira escena termina cunha figura composta por todo o elenco, como metáfora da porta que nos traslada á ficción, onde iremos percorrendo da man de cada personaxe a transformación que vivirá ao tomar contacto profundo cos ensinos dun tal Xesús.
Xuntos descubrirán a tolerancia e o respecto polo diferente, a necesidade de construír e tecer redes de apoio comunitario, a compaixón por calquera ser humano, a riqueza sostible e compartida, a liberdade de ser e elixir, a corresponsabilidade na construción dunha boa vida para todos, o dereito para equivocarse e volver empezar, a doerse co sufrimento do outro, a vivir completos, a rir, amar, cantar, xogar... vivir e ata morrer.
Pouco antes de rematar, retomaremos a figura do inicio, nesta ocasión para volver cruzar a porta e sentir que realidade e ficción son unha.
E ao final, cando todo acaba, cando a escuridade o asolaga todo, Godspell, quizais, pode ser a esperanza de que todo volve empezar.