Xestiona as túas contas con Abanca móbil. Espazo +60 Vigo
O Espazo +60 Afundación de Vigo organiza o 29 de xaneiro o curso gratuíto Xestiona as túas contas con ABANCA móbil. No curso aprenderás a consultar os teus saldos e movementos, facer transferencias, activar ou desactivar tarxetas, pagar recibos sacándolles unha foto e moito máis.
Condicións:
*ser clientes de ABANCA
*ter descargada a aplicación ABANCA móbil
Apúntate no Centro! Prazas limitadas