SuperArte, en Vigo
Por primeira vez en Galicia, a arte inclusiva sobe ao escenario do Teatro Afundación de Vigo da man de SuperArte, o evento artístico inclusivo máis importante de Europa. Un espectáculo que reúne máis de 80 artistas, con e sen discapacidade, nunha proposta única de música e danza que desafía estereotipos e celebra a diversidade como motor da creación. Ven a SuperArte o 3 de decembro.
Colle xa a túa invitación en Ataquilla.com
Colabora coa FILA 0
Coa túa achega contribúes directamente ás Bolsas SuperArte, que ofrecen oportunidades artísticas a persoas con discapacidade a través da formación en música e danza.
A Fundación SIFU é unha entidade sen ánimo de lucro cuxo compromiso é transmitir e conciencia á poboación sobre a diversidade que existe na sociedade e a importancia de apostar pola integración e a inclusión das persoas con discapacidade, compromisos que comparte con Afundación e que se materializan nesta colaboración conxunta para a realización desta gala inclusiva.