Gala de entrega PREMIOS EDUCA ABANCA. Mellor docente de España 2025, na Coruña e AfundaciónTV
As e os mellores docentes de Educación Infantil, Educación Primaria, Bacharelato, Formación Profesional, Universidade, Educación Non Formal de toda España 2025 reúnense en Galicia, procedentes de todos os recunchos da Península, sumando un total de 1273 propostas vindas de alumnado, e familiares de alumnado no caso de Educación Infantil e Primaria, para celebrar este galardón ao labor educativo.
A Sede Afundación A Coruña, en Cantón Grande, 8, acolle o día 31 de xaneiro a partir das 19.00 h o acto de entrega.
Os Premios Educa ABANCA buscan mellorar a visibilidade da boa práctica docente entre a sociedade e dar voz ao alumnado á hora de recoñecer a docencia que destaque polo seu bo facer. A finalidade da iniciativa, posta en marcha en 2017 pola plataforma educativa, é enxalzar a figura docente, a súa implicación no proceso de ensino e tamén a importancia do papel que desenvolven estes profesionais na sociedade.